Salvador Freixedo Tabarés, nado no Carballiño o 23 de abril de 1923 e finado o 25 de outubro de 2019, foi un ex-sacerdote católico galego e ex-membro da Compañía de Xesús, ufólogo e investigador de temas paranormais.

Traxectoria Fillo de Salvador Freijedo Sainz, oficial de Correos no Carballiño e despois notario. Nado nunha familia profundamente relixiosa (o seu irmán foi xesuíta e a súa irmá monxa). Aos cinco anos a familia trasladouse a Ourense, onde iniciou os seus estudos, fixo párvulos nas monxas de San Vicente Paúl e o bacharelato no Instituto Otero Pedrayo. Aos dezaseis anos ingresou na Compañía de Xesús sendo ordenado sacerdote en 1953, en Santander, pertencendo a esta orde trinta anos. Residiu en varios países de América dende 1947 como xesuíta, ensinando Historia da Igrexa no Seminario Interdiocesano de Santo Domingo de Guzmán (República Dominicana), e fundando o Movimiento de la Juventud Obrera Cristiana en San Xoán de Porto Rico sendo viceasesor nacional do mesmo na Habana. Cursou estudos de humanidades en Salamanca, de filosofía na Universidade de Comillas, de teoloxía no Alma College de San Francisco, de ascética no Mont Laurier (Quebec), de psicoloxía na Universidade de Los Angeles (California) e na Universidade de Fordham de Nova York.

Dende a década de 1950 a súa posición crítica coas posturas da Igrexa católica e a publicación dalgúns libros levárono á cadea e á expulsión de Cuba e Venezuela, así como á súa exclusión dos Xesuítas en 1969. Dende os anos setenta dedicouse á investigación no campo da parapsicoloxía, en especial do fenómeno ovni, e a súa relación co fenómeno relixioso e coa historia humana, publicando diversos libros sobre o tema, e fundado o Instituto Mexicano de Estudios del Fenómeno Paranormal, do que presidiu o Primeiro Gran Congreso Internacional organizado esta institución.

Foi invitado como relator en congresos internacionais, así como colaborador de revistas paracientíficas, como Mundo Desconocido, Karma 7 ou Más allá de la CienciaMás allá de la Ciencia. No seu primeiro número apareceu un moi polémico artígo do autor sobre "El informe Matrix". entre outras. Tamén participou en programas de radio e televisión dedicados a este tipo de temáticas.

Obras De 1950 a 1970 En 1957, mentres estaba en Cuba, escribiu o seu primeiro libro, 40 Casos de Injusticia Social. A súa publicación conmoviu as altas esferas do poder e foi invitado polo dictador Batista a abandonar a illa. En 1968, estando en Porto Rico, escribiu Mi Iglesia Duerme, no que expuña a problemática dunha Igrexa encorsetada e denunciaba o pouco espírito evanxélico dalgúns dos seus dirixentes así como a irracionalidade dalgúns dos seus dogmas, polo que foi expulsado dos Xesuítas. En España prohibiuse o libro, mentres que en Suramérica e Norteamérica desatouse unha gran controversia. En 1970 apareceu en Venezuela Amor, Sexo, Noviazgo, Matrimonio, Hijos: Cinco Realidades en Evolución (Mitos religiosos en las relaciones humanas). Por influencias episcopais, o partido social-cristián no poder encarcerouno e posteriormente expulsouno do país.

A partir de 1970 A partir da súa ruptura coa Compañía estudou a fenomenoloxía paranormal, considerándoa como unha fiestra cara outras realidades ou dimensións da existencia. Froito das súas viaxes, investigacións e reflexións publicou máis de trinta libros (varios sobre a relación da relixión cos extraterrestres), como:

Extraterrestres y creencias religiosas (Extraterrestres y religión) (1971) El diabólico inconsciente (Parapsicología y religión) (1973) Visionarios, místicos y contactos extraterrestres (La religión entre la parapsicología y los OVNIS) (1977) Israel, pueblo contacto (1978) 60 casos de OVNIS ¿Por qué agoniza el Cristianismo? (1983) Diccionario sulfúrico Curanderismo y Curaciones por la Fe (1983) ¡Defendámonos de los dioses! (1984) Las apariciones de El Escorial (Las Apariciones Marianas) (1985) Religión, política y microcefália El Cristianismo: un mito más (1986) Los curanderos (1987) La granja humana (Ellos, los dueños invisibles de este planeta) (1988) La amenaza extraterrestre (1989) Interpelación a Jesús de Nazaret (1989) Apariciones religiosas : mito o realidad? ; una explicación a fenómenos como el de Villa Alemana (1989) Los contactados (1991) Los hijos de la Nueva Era (1992) Los OVNIS, ¿una amenaza para la humanidad? (1992) Biografía del fenómeno OVNI (1992) ¿Qué son los OVNIS? (1993) Fenómeno OVNI: Evidencias (1993) En los límites del universo (1994) OVNIS y dioses depredadores (1995) Las religiones que nos separan (1995) Videntes, visionarios y vividores (1998) Un gallego llamado Cristóbal Colón, redescubridor de América (2002) La Expaña de Z (2010) Teovnilogía (2012) Iglesia, ¡despierta! (2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Salvador Freixedo - El rincón del soneto y otras cosas . Web persoal de Salvador Freixedo.

Categoría:Ufoloxía Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xesuítas de España Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2019