Elvira Mínguez, nada en Valladolid o 23 de xullo de 1965, é unha actriz española.
Traxectoria Vinculada nos seus inicios ao teatro, Elvira Mínguez participou en obras como Romeu e Xulieta (1989), La cacatúa verde (1990), ou El carro de heno (1991). En 1993 dirixiuse a ela mesma no escenario na adaptación de Crímenes del corazón.
En 1994 o director de casting Paco Pino contratouna para o filme Días contados. A súa interpretación dunha terrorista de ETA valeulle unha candidatura ao premio Goya á mellor actriz revelación e unha mención da Unión de Actores.
Xa introducida no mundo do cinema, Mínguez dirixiu o ano seguinte a curtametraxe El fumador de pipa. A súa carreira como actriz avanzou con pequenos papeis ao servizo de Ricardo Franco en filmes como La buena estrella (1997) ou Lágrimas negras, rodada o mesmo ano en que obtivo o seu primeiro papel protagonista en Me llamo Sara (1998).
En 2002 deu os seus primeiros paso no cinema internacional con dous filmes, The Dancer Upstairs de John Malkovich e The Reckoning de Paul McGuigan. En España, escribiu xunto a Javier Cámara, María Botto, Juan Diego Botto e Joaquín Oristrell o filme Los abajo firmantes como protesta ao apoio do goberno de José María Aznar ao presidente George W. Bush durante a guerra de Iraq.
En 2004 Juan Cruz e José Corbacho seleccionárona para interpretar en Tapas, o seu debut na realización, a Raquel, unha muller divorciada que afoga a súa soidade chateando por Internet e mantendo fortuítos encontros sexuais cun rapaz de vinte e tantos anos. Por esta personaxe gañou a Biznaga de Prata no festival de Málaga e o Goya á mellor actriz secundaria.
En 2015 gañou o premio Mestre Mateo á mellor actriz secundaria por O descoñecido.«Serramoura» se alza un año más con el Mestre Mateo a la mejor serie
Filmografía Ofrenda a la tormenta (2020) Legado en los huesos (2019) Todos lo saben (2018) El guardián invisible (2017) El elegido (2016) No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas (2016) Truman (2015) O descoñecido (2015) Che: El argentino (2008) Cobardes (2008) Pudor (2007) A caixa (2006) Tapas (2005) The Reckoning (2003) Los abajo firmantes (2002) The Dancer Upstairs (2002) Trece badaladas (2002) Sólo mía (2001) El portero (2000) El invierno de las anjanas (2000) Lágrimas negras (1998) Me llamo Sara (1998) Diario para un cuento (1998) La buena estrella (1997) Cachito (1995) Historias del Kronen (1995) Días contados (1994)
Notas
Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1965 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de Castela e León Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria