Amalos, Amelos ou Amelungos (en alemán: Amaler e, en latín: Amali) foi a denominación dunha dinastía dos godos que, posteriormente, se converteron na casa real dos ostrogodos (tamén chamados grutungos) e fundaron o Reino Ostrogodo de Italia. O vocábulo deriva de Amalungen ("os incansables" ou os "heroes do traballo"Pascual (1871), p. 501), aínda que segundo outras fontes, significaría "os celestiais".Luzán (1776), p. 104miniatura|Sur de Suecia (Scandza): zona orixe dos godos|alt=

Orixe xenealóxica A oriixe e historia dos Amalos foi descrita na obra Getica de Xordanes, na que se presenta unha xenealoxía das 19 xeracións de gobernantes desta dinastía, dende o seu fundador Gapt até Vitixes (reinado 536-540), que se uniu en casamento a Matasunta:Jordanes (551), XIV. 79-82.

Historia Os Amalos convertéronse, posteriormente, na principal dinastía ostrogoda e crearon o reino ostrodogo de Italia e Panonia.

Segundo a Gética, algún tempo despois da migración dos godos dende Gotiscandza (actual zona sur de Suecia) até Escitia (actual Ucraína) baixo Filimero, os ostrogodos (grutungos) comezaron a ser gobernados polos Amalos, mentres que os visigodos (tervíngos) o foron polos Baltos. Os amalos seguiron sendo unha destacada familia ostrogoda, especialmente durante o reinado de Hermanarico no século IV. Durante este período, os hunos baixo Balamber atacaron os godos e fixeron aos grutungos os seus vasalos. Os Amalos continuaron reinando baixo soberanía huna e participaron na batalla dos Campos Cataláunicos baixo Atila, o huno (434-453).Martindale (1980), p. 1069

Trala morte de Atila, os irmáns Teodomiro (reinado 451-474/475), Valamiro (reinado 451-465) e Videmiro (reinado 451-473), rebeláronse contra os hunos, derrotándoos na batalla de Nedao e conseguindo a independencia para a súa xente. Tras iso, foron reasentados en Panonia co consentimento do emperador Marciano (r. 450–457) e fundaron un reino federado na rexión.Wolfram (1990), p. 261 Teodorico o Grande (reinado 474–526), fillo de Teodomiro, no 493, fundaría o Reino Ostrogodo de Italia,Bury (1923), XII. 454-455 e cara ao 494, uniu a dinastía ostrogótica e visigótica co matrimonio da súa filla Teodegoda con Alarico II (reinado 484–507) do Reino visigodo de Toledo, e desa unión naceu Amalarico (reinado 511–531).Cameron & Ward-Perkins & Whitby (2001); p. 112

Máis tarde, no 515, uníronse as dúas ramas existentes de Amalos casando a súa outra filla Amalasunta con Eutarico.Hodgkins (1891), p. 253

Reis amalos

Hermanarico, rei dos grutungos, ca 370 Sixerico, rei dos visigodos, 415 Valamiro. rei dos ostrogodos, 447–469 Teodomiro, rei dos ostrogodos, até 474 Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, 474–526 Atalarico, rei dos ostrogodos, 526–534 Amalasunta, raíña dos ostrogodos, 534–535 Teodato, rei dos ostrogodos, 534–536 Teudixiselo, rei dos visigodos, 548–549

Presenza na literatura No Nibelungenlied (en galego, Canción dos Nibelungos) e noutros poemas épicos medievais xermánicos, os seguidores de Teodorico de Verona (en alemán, Dietrich von Bern) son coñecidos como amelungos. Noutros casos, son interpretados como o nome dos devanceiros de Teodorico.McConnell (2013), p. 51-52 Nas Kaiserchronik (en galego, Crónicas dos emperadores), tamén se refiren á familia de Teodorico como Amelungos,Massmann (1854), p. 942 e nunha carta do bispo Meinardo de Bamberg,Kramarz-Bein (1996), p. 245 así como nos Quedlinburger Annalen (en galego, Anais de Quedlinburg), o propio Teodorico emprega a verba amelungo para se referir a el mesmo.Teodorico de Verona (1953), p. 12

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Godos Baltos Lista de reis ostrogodos

Categoría:Godos Categoría:Dinastía Amala