David Gaub McCullough, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 7 de xullo de 1933 e finado en Hingham (Massachusetts) o 7 de agosto de 2022, foi un escritor, historiador e conferenciante estadounidense. Gañou en dúas ocasións o premio Pulitzer e o National Book Award e recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade, galardón civil máis alto do seu país.

McCullough obtivo un grao en literatura inglesa pola Universidade Yale. O seu primeiro libro foi The Johnstown Flood (1968), e dende entón escribiu outros nove sobre temas como Harry S. Truman, John Adams, a ponte de Brooklyn e os irmáns Wright. McCullough tamén narrou numerosos documentais, como The Civil War de Ken Burns, ademais do filme de 2003 Seabiscuit; foi o presentador de American Experience durante doce anos.

Os dous libros de McCullough gañadores do Pulitzer, Truman e John Adams, foron adaptados por HBO nun telefilme e nunha miniserie, respectivamente.

Estilo McCullough era un historiador cun interese máis divulgativo que académico e un estilo literario moi próximo á novela. Facía gala de patriotismo e parte das súas obras se dedican a eloxiar a obra de presidentes dos Estados Unidos, algún deles tan discutido como Harry Truman, que decidiu lanzar a bomba atómica contra Hiroshima e Nagasaki.

En libros como 1776 raiaba coa parcialidade, xa que retrataba con máis expresividade a violencia británica e dos mercenarios de Hesse que a do bando independentista (os "patriotas"), aínda que non deixaba de representar a miseria física e en ocasións moral dos soldados de George Washington; tampouco na representación do rei Xurxo pode dicirse que sexa ecuánime, se se compara coa de Washington, Nathanael Greene ou Henry Knox; de feito, aínda que McCullough manexa a fondo a documentación, non se pode considerar que a súa mirada sexa obxectiva.

Non obstante, o seu punto de vista non era enganoso, xa que resultaba evidente, e a súa maior virtude radicaba no seu estilo, vivo e elegante, e no seu dominio da trama narrativa, capaz de atrapar o lector nunha emotiva reconstrución das encrucilladas históricas.

Obras Libros TítuloAnoTemaPremiosEntrevistas e presentaciónsThe Johnstown Flood: The Incredible Story Behind One of the Most Devastating Disasters America Has Ever Known1968Inundación de Johnstown The Great Bridge: The Epic Story of the Building of the Brooklyn Bridge1972Ponte de Brooklyn Presentación de McCullough sobre The Great Bridge, 17 de setembro de 2002, C-SPANThe Path Between the Seas: The Creation of the Panama Canal, 1870–19141977Canal de PanamáNational Book Award – 1978Francis Parkman Prize – 1978Premio Samuel Eliot Morison – 1978Cornelius Ryan Award – 1978Mornings on Horseback1981Theodore Roosevelt National Book Award – 1982Brave Companions: Portraits in History1991Ensaios biográficos publicados previamente Truman1992Harry S Truman Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 1993 The Colonial Dames of America Annual Book Award – 1993Francis Parkman PrizeBooknotes entrevista con McCullough sobre Truman, 19 de xullo de 1992, C-SPANPresentación de McCullough sobre Truman en National Press Club, 7 de xullo de 1992, C-SPANJohn Adams2001John Adams Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 2002Presentación de McCullough sobre John Adams en Library of Congress, 24 de abril de 2001, C-SPANPresentación de McCullough sobre John Adams en National Book Festival, 8 de setembro de 2001, C-SPAN17762005Revolución Americana American Compass Best Book – 2005Presentación de McCullough sobre 1776 en Mount Vernon Ladies' Association, 9 de xuño de 2005, C-SPANQ&A entrevista con McCullough sobre 1776, 7 de agosto de 2005, C-SPANPresentación de McCullough sobre 1776 en National Book Festival, 24 de setembro de 2005, C-SPANPresentación de McCullough sobre 1776 en Texas State Capital, 29 de outubro de 2005In the Dark Streets Shineth: A 1941 Christmas Eve Story2010Winston Churchill, Franklin D. Roosevelt, Conferencia Arcadia The Greater Journey: Americans in Paris2011Estadounidenses en París durante o século XIX, incluídos James Fenimore Cooper e Samuel Morse Part one e Parte dos de Q&A entrevista con McCullough sobre The Greater Journey, 22 e 29 de maio de 2011, C-SPANEntrevista con McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPANPresentación de McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPANThe Wright Brothers2015Irmáns WrightNational Aviation Hall of Fame Combs Gates Award - 2016Q&A entrevista con McCullough sobre The Wright Brothers, 31 de maio de 2015, C-SPANThe American Spirit: Who We Are and What We Stand For2017 Q&A entrevista con McCullough sobre The American Spirit, 23 de abril de 2017, C-SPANThe Pioneers: The Heroic Story of the Settlers Who Brought the American Ideal West2019Pioneiros estadounidenses no Territorio do Noroeste Q&A entrevista con McCullough sobre The Pioneers, 19 de maio de 2019, C-SPAN

Filmes presentados ou narrados Brooklyn Bridge (1981) Smithsonian World (5 episodios, 1984–1988) The Shakers: Hands to Work, Hearts to God (1984) The Statue of Liberty (1985) Huey Long (1985) A Man, A Plan, A Canal : Panama (NOVA) (1987) The Congress (1988) The Civil War (9 episodios, 1990) American Experience (23 episodios, 1991–2006) Coney Island (1991) The Donner Party (1992) Degenerate Art (1993) D-Day Remembered (1994) Napoleon-PBS Empires Special (2000) George Wallace: Settin' the Woods on Fire (2000) Seabiscuit (2003) The Most Wonderful Time of the Year (2010)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas David McCullough en Simon & Schuster

Transcrición do discurso "Knowing History and Knowing Who We Are" en Hillsdale College National Leadership Seminar sobre o tema "American History and America's Future"

Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América