miniatura|260px|valva de Gryphaea arcuata, un grifeido. A dos ostreoideos (Ostreoidea) é unha superfamilia de moluscos mariños da clase dos bivalvos e subclase dos pteriomorfios.Ostreoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.

Os animais que forman parte deste grupo ás veces son coñecidos xenericamente como ostras, e reúnense na actualidade en dúas familias.

Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, na súa obra Analyse de la nature or Tableau de l'univers et des corps organisés editada en Palermo.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido a superfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo: Ostreacea (non aceptado para nome de superfamilia, xa que o sufixo -acea é o propio das familias de vexetais)

Familias Na actualidade (2022) recoñécense na subfamilia as dúas familias seguintes: Grifeidos (Gryphaeidae) Vialov, 1936 Ostreidos (Ostreidae) Rafinesque, 1815

Ademais, describíronse tres familias fósiles: Arctostreidae † , Vialov, 1983 Chondrodontidae † Freneix, 1960 Eligmidae † Gill, 1871

Nota taxonómica As familias dos ostreoideos considerábanse antigamente como parte da subfamilia dos pterioideos (Pterioidea), pero hoxe se clasifícanse dentro de Ostreoidea Rafinesque, 1815 porque son familias de ostras "reais" (incluídas as especies comerciais destinadas ao consumo), mentres que as familias dos Pterioidea comprendes especies de ostras perlíferas tropicais.

Características Os ostreoides caracterízanse pola súa grosa cuncha, composta de aragonita e proteínas como a conquiolina, característica de todos os lamelibranquios. As dúas valvas desta gran carcasa, desigual, está fixadas entre si pola valva esquerda, que xeralmente é curvada, cóncava, co extremo anterior máis ou menos enderezado en forma de gancho axial ben desenvolvido.Gilbert Ranson, Gilbert (1943): La vie des huîtres, 10ª edición. París: Gallimard.. Sábese que as aletas anais existen na familia dos ostreidos, pero non nos grifeidos máis primitivos. A cicatriz do músculo adutor é simple, cunha marca central única. Na maioría das especies, a valva dereita é menos convexa que a esquerda.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): 'Classification of Bivalve families', pp. 113-133. En: Bouchet P. & Rocroi J.-P., "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Carter, J. G. et al. (2011): "A Synoptical Classification of the Bivalvia (Mollusca)". University of Kansas Paleontological Institute Paleontological Contributions 4: 1-47. Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. (eds), European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Patrimoines Naturels. 50: 180-213. ISBN 2-8565-3538-0. Harry H. W. (1985): "Synopsis of the supraspecific classification of living oysters (Bivalvia: Gryphaeidae and Ostreidae)". The Veliger 28: 121-158. Koppka, J. (2015): "Revision of the Bivalvia from the Upper Jurassic Reuchenette Formation, Northwest Switzerland—Ostreoidea". Zootaxa 3927 (1): 1–117. Vaught, K. C.; Tucker Abbott, R. & Boss, K. J. (1989): A classification of the living Mollusca. Melbourne: American Malacologists. ISBN 0-9158-2622-4.

Outros artigos Bivalvos Pteriomorfios Ostreidos (orde)

Ligazóns externas Superfamily Ostreoidea Rafinesque 1815 en Fossilworks.

Categoría:Ostreidos