A β-bungarotoxina é unha forma de bungarotoxina que é está presente nos velenos de serpes elápidas como Bungarus multicinctus. É a clase prototípica de β-neurotoxinas de serpe. Existen polo menos cinco isoformas, denominadas desde β1 a β5, que son ensamblaxes de distintas combinacións das súas cadeas A e B.
A toxina é un heterodímero de dúas cadeas. A cadea A dálle actividade de fosfolipase A2 (PLP A2), e a cadea B, igual que nas dendrotoxinas, ten un dominio Kunitz. Existen moitas isoformas destas cadeas: exemplos de cadeas A son A1 (), A3 () e A4 (), e exemplos de cadeas B son B2 () e B3 (). A cadea B desempeña un importante papel funcional na indución da apoptose.
A diana desta neurotoxina está no terminal presináptico, onde bloquea a liberación de acetilcolina. Parece que o fai bloqueando a fosforilación da proteína MARCKS. Pénsase que a cadea B similar á da dendrotoxina actúa primeiro por inhibición de canles iónicas, causando o cesamento das sacudidas que se presentan despois dunha fase facilitadora prolongada. A cadea A (que porta a actividade de fosfolipase) induce despois a fase de bloqueo por destrución de fosfolípidos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos alfa-bungarotoxina gamma-bungarotoxina kappa-bungarotoxina
Categoría:Neurotoxinas