infoLibre é un diario dixital en español publicado por primeira vez o 7 de marzo de 2013. A súa redacción localízase en Madrid, España.
Características É un diario creado por xornalistas procedentes, entre outros, dos diarios Público, El País e Radio Televisión Española, cunha liña editorial progresista. É pioneiro no mercado de medios dixitais españois polo seu modelo de negocio, no que unha parte dos contidos son de pago e pechado para subscritores. Os abonados do diario reciben un avance diario de contidos cara á medianoite e unha revista mensual en papel e en formato dixital, TintaLibre, dedicada a crónicas e reportaxes, e cuxo primeiro número saíu a venda o 9 de marzo de 2013.
Dirección
InfoLibre e TintaLibre están dirixidos editorialmente por Jesús Maraña, exdirector de Público. O director do diario dixital é o tamén experiodista de Público Manuel Rico, e completan o equipo de dirección Juan Carlos Ortiz de Elguea (subdirector), Fernando Varela (redactor xefe) e Yolanda González (correspondente política). Á cabeza de TintaLibre está Ramón Reboiras.
Accionistas, socios e apoios InfoLibre conta con varios socios que achegan capital, entre eles editoriais, como o diario dixital francés Mediapart e Daniel Fernández, presidente da editorial Edhasa.Rubio Jordán (2014), p. 495 Ademais das cotas abonadas polos socios, finánciase a través dunha Sociedade de Amigos, á que pertencen figuras do mundo da cultura como Luis García Montero, Emilio Lledó, Fernando León de Aranoa, El Gran Wyoming, Almudena Grandes, Joaquín Sabina, Pedro Almodóvar, Gonzalo López Alba e Baltasar Garzón, entre outros.Rubio Jordán (2014), p. 496
A estrutura accionarial debe ser tal que respecte por estatutos o control único e exclusivo polos xornalistas sobre a información e os criterios editoriais. O principal accionista individual é unha sociedade formada polos cinco xornalistas fundadores. Desde a súa orixe, InfoLibre renunciou aos así chamados "acordos institucionais" opacos mediante os que as grandes empresas financian á inmensa maioría dos medios de comunicación a cambio de publicidade e/ou outros acordos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial de infoLibre.
Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais electrónicos