Alphonse Marie "Fons" Rademakers nado en Roosendaal o 5 de setembro de 1920 e finado en Xenebra o 22 de febreiro de 2007, foi un actor, director, produtor e guionista neerlandés.
Traxectoria O seu filme de 1960 Makkers Staakt uw Wild Geraas entrou na 11ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o Oso de Prata.
Durante a súa carreira, que abrangueu varias décadas, dirixiu 11 filmes incluíndo De aanslag, co cal gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1986, e The Village on the River, nomeado ó mesmo premio en 1959, converténdose no primeiro director neerlandés en ser nomeado e en gañar ese galardón.
Morreu en 2007 nun hospital de Xenebra por mor dun efisema, e despois de que as máquinas de soporte vital fosen desconectadas a petición súa.
Filmografía Dorp aan de rivier (1958) Makkers Staakt uw Wild Geraas (1960) Het Mes (1961) Als twee druppels water (1963) De dans van de reiger (1966) Mira (1971) Because of the Cats (1973) Max Havelaar of de koffieveilingen der Nederlandsche handelsmaatschappij (1976) Lifespan (1976) Mijn vriend (1979) Vrijdag (1981) De aanslag (1986) The Rose Garden (1989)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Filmes dirixidos por Fons Rademakers Categoría:Directores de cinema dos Países Baixos