Babettes gæstebud é un filme dinamarqués de 1987 dirixido por Gabriel Axel. O guión do filme foi escrito por Axel e baséase nunha historia de Isak Dinesen (Karen Blixen). Foi producido por Just Betzer, Bo Christensen e Benni Korzen con orzamento do Instituto de Cinema Dinamarqués. Babettes gæstebud foi o primeiro filme dinamarqués a partir dunha historia de Blixen así como o primeiro filme dinamarqués en gañar o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1987.
Sinopse En 1871, nunha noite de tempestade, Babette chega a unha aldea dinamarquesa fuxindo de Francia durante a represión á Comuna de París. Ela emprégase como cociñeira na casa de dúas anciás solteiras, fillas dun rigoroso pastor. Alí ela vive durante catorce anos, até que un día descobre que gañara unha fortuna na lotería e en lugar de volver a Francia, pide permiso para preparar unha cea en conmemoración do centésimo aniversario do pastor. Ao principio, os convidados fican asustados, temendo ferir algunha lei divina ao aceptar unha cea francesa, mas acaban acudindo e gozando coa festa de Babette.
Personaxes Stéphane Audran como Babette Hersant Bodil Kjer como Philippa Birgitte Federspiel como Martine Jarl Kulle como Xeneral Lorens Löwenhielm Jean-Philippe Lafont como Achille Papin Bibi Andersson como Swedish courtier Ghita Nørby como Narradora Asta Esper Hagen Andersen como Anna Thomas Antoni como tenente sueco Gert Bastian como home pobre Viggo Bentzon como Fisherman in Rowboat Hanna Stensgaard como Young Philippa Vibeke Hastrup como Young Martine Therese Hojgaard Christensen como Martha Pouel Kern como The Minister Cay Kristiansen como Poul
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Gabriel Axel Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados no século XIX Categoría:Óscar ó mellor filme internacional