Préparez vos mouchoirs é un filme francés de 1978 dirixido por Bertrand Blier e protagonizado por Carole Laure, Gérard Depardieu, Patrick Dewaere e Riton Liebman. O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 51ª edición dos premios.
Sinopse Raoul e a súa esposa Solange están comendo nun restaurante cando Raoul expresa a súa preocupación pola aparente depresión de Solange, xa que come pouco, sofre xaquecas e insomnio e tamén ás veces se desmaia. Atopa outro home, Stéphane, para que sexa o seu amante e, con sorte, a anime. Stéphane está desconcertado co plan de Raoul, pero cede ante as súas desesperadas peticións de axuda. Os dous homes dormen por quendas con Solange, e ambos intentan fecundala sen éxito, crendo que a falta dun fillo é a fonte da súa depresión. Stéphane tamén comparte o seu amor pola música de Mozart e os Pocket Books cos dous e co seu tendeiro do barrio. A música inspira os homes, mais non a Solange.
Personaxes Gérard Depardieu como Raoul Patrick Dewaere como Stéphane Carole Laure como Solange Michel Serrault como o veciño Eléonore Hirt como Madame Belœil Jean Rougerie como Monsieur Belœil Sylvie Joly como passer-by Riton Liebman como Christian Belœil Liliane Rovère como Marthe ("Bernadette") Michel Beaune como o doutor na rúa Gilberte Géniat como a acomodadora
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 51ª edición dos Óscar Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Bertrand Blier Categoría:Óscar ó mellor filme internacional