Luis Puenzo, nado en Buenos Aires o 19 de febreiro de 1946 e finado na mesma cidade o 21 de abril de 2026, foi un director e guionista de cinema arxentino. Obtivo o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1986 coa súa primeira longametraxe, La historia oficial, unha historia sobre os desaparecidos pola ditadura arxentina. Pouco prolífico, rodou menos de media ducia de filmes dende entón, incluíndo Gringo viejo, con Gregory Peck sobre unha novela do mexicano Carlos Fuentes, e La peste, con William Hurt e Robert Duvall adaptando a novela homónima de Albert Camus.
Foi membro fundador da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas da Arxentina e integrou como voceiro a súa primeira comisión directiva.
Desempeñou como Presidente do Instituto Nacional de Cinema e Artes Audiovisuais (INCAA).
Filmografía 1973: Luces de mis zapatos 1975: Las sorpresas 1985: La historia oficial 1989: Gringo viejo 1991: La peste 2003: La puta y la ballena
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 2026 Categoría:Guionistas da Arxentina Categoría:Directores de cinema da Arxentina