Bertrand Blier, nado en Boulogne-Billancourt o 14 de marzo de 1939 e finado en París o 20 de xaneiro de 2025, foi un director de cinema, guionista e actor francés.

Traxectoria O seu filme de 1978 Préparez vos mouchoirs gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 51ª edición dos premios. En 1981 dirixiu o controvertido Beau-père, na que relata a historia do romance entre un home maior e a súa fillastra de 14 anos. O actor Patrick Dewaere protagonizou a cinta, nunha das súas últimas aparicións no cinema francés antes de suicidarse.

Bertrand era fillo do famoso actor Bernard Blier. O seu filme de 1996 Mon Homme participou na edición 46 do Festival Internacional de Cinema de Berlín. O filme de 2005 Canto me amas? formou parte da selección presentada na edición 28 do Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio Silver George ó mellor director.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Guionistas de Francia Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Directores de cinema de Francia