Raúl ou Rodolfo I de Borgoña e I de Francia, nado en 890 e finado en Auxerre o 15 de xaneiro de 936, foi duque de Borgoña (921 - 923) e rei de Francia (923 - 936).
Traxectoria Familia Naceu no 890, sendo fillo de Ricardo I de Borgoña e da súa muller Adelaida de Auxerre. Era neto pola liña paterna do nobre Bivin, fillo posibelmente de Bosón o Vello, e por liña materna de Conrado II de Auxerre. Casou con Emma de Francia, irmá de Hugo o Grande, conde de París. Desta unión, só tiveron un fillo chamado Luís, que faleceu en 934. Ducado de Borgoña e Reino de Francia Sucedeu ao seu pai Roberto I o Xusticeiro á súa morte en 921 no Ducado de Borgoña, pero renunciou a el para se converter en rei de Francia en 923 despois da batalla de Soissons, na que destronaron a Carlos III de Francia. Unha asemblea de nobres franceses elixiuno á morte do rei Roberto I de Francia.
Como rei de Francia tivo que se enfrontar a varias invasións por parte dos viquingos nas costas francesas, así como dos maxiares, que deron invadido a Borgoña e Reims en 924. Raúl morreu sen descendencia en 936. miniatura| O rei Raúl I de Francia |centro Notas
Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en 890 Categoría:Finados en 936