miniatura|División eclesiástica de Galicia. O arciprestado de Tui-Entenza é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo.
Historia e xeografía Formouse no ano 2016, como resultado da fusión dos Arciprestados de Tui e Entenza, aínda que algunhas parroquias desta última pasaron a formar parte do novo arciprestado de Tea-Condado.
En total, o arciprestado abrangue 15 parroquias dos concellos de Salceda de Caselas, Tomiño e Tui. Limita cos arciprestados da Guarda-Tebra, Miñor, A Louriña e Tea-Condado. O río Miño exerce de fronteira coa diocese de Viana do Castelo (Portugal). miniatura|Mapa coas parroquias pertencentes ao concello de Tui. Toma o seu nome da cidade de Tui e mais da parroquia de Entenza.
Parroquias
Santa Mariña de Areas Santiago de Baldráns San Martiño de Caldelas de Miño Santos Xusto e Pastor de Entenza Nosa Señora das Dores de Frinxo (civilmente O Sagrario de Pazos de Reis) San Mamede de Guillarei Santiago de Malvas San Xoán de Paramos San Miguel de Pesegueiro Nosa Señora da Guía de Randufe San Bartolomeu de Rebordáns Santa Comba de Ribadelouro San Salvador de Sobrada San Vicente de Soutelo O Sagrario da Catedral de Tui
Galería de imaxes
Notas
Tui-Entenza