Lois III de Francia ou Luís III de Francia chamado o Novo, nado en 863 ou 864 e finado o 5 de agosto de 882, foi rei de Francia (879 - 882). q Traxectoria Nado no 863 ou 864, era fillo de Lois II de Francia ao que sucedeu no 879. Compartiu o trono co seu irmán Carlomán II. Foron coroados por Ansexiso, arcebispo de Sens, na abadía de Ferrières en 880. Lois quedou con Neustria e Austrasia e Carlomán con Borgoña e Aquitania. Bosón proclamouse rei da Provenza e Hugo fillo de Lotario II reclamou Lorena, aos que derrotou. Tamén derrotou aos normandos en Saucourt en 881 e 882. Morreu en Saint Denis o 5 de agosto do 882. Sucedeuno o seu irmán Carlomán. Familia Devanceiros
A coroación de Lois III Lois III, fillo de Lois o Tatexo, e Ansgarda de BorgoñaXenealoxía de Loios III na web Medieval Lands, converteuse en rei dos francos á morte do seu pai no 879, cando tiña aproximadamente 16 anos. Fora designado como único sucesor polo seu pai, baixo a tutela de Bernardo Plantapilosa, e con Hugo o Abade e Bosón da Provenza como colaboradores. Esta acción tutelar designada polo pai non estaba relacionada coa súa idade, senón coa desconfianza do defunto rei, porque o seu fillo se rebelara o ano anterior. En setembro dese ano os homes de confianza (Bernardo Plantapilosa, Hugo o Abade, Bosón da Provenza e Teodorico de Vergy) do reino dos francos occidentais, coroaron rei a Lois III respectando a derradeira vontade de Lois II pero incluíndo nesta coroación ao irmán mediano, Carlomán, que pasaría á historia como Carlomán II. A cerimonia de coroación tivo lugar na abadía beneditina de Ferrières, preto de Montargis, e a cerimonia estivo presidida polo arcebispo Ansexiso de Sens. Distribución de territorios En marzo de 880, nunha reunión en Amiens, tivo lugar un repartimento das responsabilidades do goberno: Lois encargaríase de Austria, mentres que o seu irmán Carlomán faríase cargo de Borgoña, Aquitania e a Septimania. miniatura|Adversarios de Lois III rei dos francos occidentais Á morte de Lotario II de Lotarinxia, os seus tíos Carlos o Calvo (rei dos francos occidentais) e Lois o Xermánico (rei dos francos orientais) non recoñeceron ao fillo bastardo de Lotario, Hugo, que era duque de Alsacia, e repartíronse os seus territorios co tratado de Meersen de 870. Nove anos despois, Hugo levantouse contra o neto de Carlos o Calvo, tentando recuperar os territorios que foran do seu pai. miniatura|O imperio carolinxio en 880, segundo o Tratado de Ribemont. O tío de Hugo, duque de Alsacia, chamado Lois o Mozo, convértese en inimigo de Lois III, o motivo tamén é tentar recuperar os territorios usurpados de Lotarinxia. Para facer fronte ao ataque normando, os dous irmáns Lois III e Carlomán II víronse obrigados a negociar a paz. A principios do ano 880 asinan o Tratado de Ribemont. Cando todo parecía estar dirixido á paz, xurdiu un novo inimigo. O que fora nomeado conselleiro, Bosón da Provenza, proclamouse rei (da Borgoña Cisxurana, incluída a Provenza). En agosto do ano 880, entraron en batalla contra Bosón, preto da cidade de Mâcon. Pero as tropas de Bosón non foron derrotadas ata a batalla de Crêches-sur-Saône, coa que os carolinxios recuperaron o condado de Mâcon.
Loita contra os viquingos miniatura| A vitoria de Lois III e Carlomán II sobre os viquingos no 879, pintura de Jean Fouquet. O 30 de novembro de 879, preto do río Viena, Lois e Carlomán enfrontáronse aos viquingos, resultando vitoriososBnF - Jean Fouquet. En agosto de 881 os viquingos volveron atacar, pero os invasores foron derrotados na batalla de Saucourt-en-Vimeu, na que morreron uns 8.000 viquingos. Esta vitoria pasou á historia contada nun poema coñecido como o Ludwigslied ou a Chanson de Louis (tamén coñecido en francés porque o manuscrito se conserva en Valenciennes; a "canción de Lois" en galego), escrito en antigo alto alemán, a lingua precursora do alemán actualLe Rithmus teutonicus ou Ludwigslied - facsímile traducido ao francés. Morte de Lois Lois III tivo unha vida curta, morreu o 5 de agosto de 882, cando tiña uns 19 anos. Fracturou o cranio contra o lintel dunha porta demasiado baixa mentres pasaba por baixo de a cabalo, segundo contan perseguindo a filla dun tal GermondPhilippe Le Bas, L'Univers, histoire et description de tous les peuples - Dictionnaire encyclopédique de la France, volume 10, 1843, páx 339..«Perseguía por xogo unha moza mentres que ela fuxía cara á casa de seu pai». O seu corpo foi sepultado na abadía de Saint-Denis e o seu irmán debeu gobernar en solitario dese aquela. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Janet Nelson: "Charles le Chauve", ed. Aubier, 1994, isbn = 2700722612
Categoría:Reis de Aquitania Categoría:Nados en 863 Categoría:Finados en 882 Categoría:Reis de Francia