Márta Mészáros, nada en Budapest o 19 de setembro de 1931 é unha guionista e directora de cinema húngara. Filla do escultor László Mészáros, comezou a súa carreira nos documentais, dirixindo vinte e cinco curtametraxes deste xénero durante dez anos. O seu debut na longametraxe, Eltavozott nap (1968), foi o primeiro filme húngaro dirixido por unha muller, e gañou o premio especial do xurado do Festival Internacional de Cinema de Valladolid.
Traxectoria Primeiros anos e educación Nada en Budapest, Mészáros pasou os primeiros dous anos da súa vida na Unión Soviética, onde emigraran os seus pais como artistas comunistas en 1936. Mentres estaban aló, o seu pai, László Mészáros, foi arrestado e asasinado en 1938 baixo o réxime stalinista e a súa nai morreu dando a luz.Horton, Andrew James. "Ordinary Lives in Extraordinary Times – Márta Mészáros Interviewed." Senses of Cinema. 15 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2018. http://sensesofcinema.com/2002/feature-articles/meszaros/ . Orfa, Mészáros foi criada pola súa nai adoptiva na Unión Soviética, onde acudiu á escola. Tras volver a Hungría en 1946, Mészáros volveu a Moscova para estudar no VGIK, volvendo de novo a Hungría trala súa graduación en 1956.
Carreira Mészáros comezou a traballar no Budapest Newsreel Studio en 1954 onde realizou catro curtametraxes, e logo para o estudio de documentais de Alexandru Sahia en Bucarest entre 1957 e 1959. Volveu entón a Budapest en 1958 para dirixir curtametraxes para popularizar a ciencia e curtametraxes documentais ata 1968. Nese momento, Mészáros foi a primeira muller directora de Hungría que realizou unha longametraxe.“Márta Mészáros: Celebrating the Career of the Pioneering Hungarian Director.” 2017. The Calvert Journal. 20 de xuño de 2017. https://www.calvertjournal.com/articles/show/8387/marta-meszaros-celebrating-career-trailblazing-hungarian-director. Na década de 1980, dirixiu a súa serie filmes semiautobiográficos "Diario", que tivo un grande impacto no cinema de Hungría a causa do seu retrato do goberno e das súas experiencias individuais pasadas."Marxist Govt Invites Anti-Stalin Director to Centre Stage." Indian Express, Nov 10, 2009. https://search.proquest.com/docview/238333339 Tivo conflitos coa censura húnara e estableceuse como unha voz íntegra do cinema do seu país. Dende o seu debut en 1968, dirixiu máis de cincuenta filmes, gañou numerosos premios e foi membro de varios xurados cinematográficos.
Legado Os filmes de Mészáros son relexos de moitas maneiros das súas experiencias de crecemento e a súa loita con asuntos relevantes na súa vida. Tras perder os seus pais moi nova e pasar gran parte da súa mocidade vivindo na Hungría post-stalinista, a vida de Mészáros estivo chea de traxedia e opresión, e os seus filmes reflicten ese feito. Ademais, como pasou os primeiros filmes como cineasta traballando en documentais, moitos das súas longametraxes conteñen escenais documentais. A maioría dos seus filmes teñen un final aberto, carecen de argumento convencional e os diálogos son escasos.
No aspecto do contido, os seus filmes exploran os amplos e moitas veces tráxicos saltos entre os ideais e a realidade, e entre os pais e os seus fillos. Nos filmes de Mészáros aparecen realidades habitualmente ignoradas no cinema de Europa oriental: a subordinación das mulleres, os conflitos das culturas urbanas e rurais, o antagonismo entre a burocracia e os seus empregados, o alcoholismo, o salto xeracional, a disolución das estruturas familiares tradicionais e os apuros dos nenos criados polo estado.
Mészáros é unha muller cineasta que consistentemente realiza filmes con éxito tanto crítico como comercial para un público internacional. Os oito filmes que dirixiu entre 1968 e 1979 teñen que ver coa opresión social, as limitacións económicas e os desafíos emocionais vistos polas mulleres húngaras. Nas súas propias palabras, "eu conto historias banais e comúns, e entón nelas as protagonistas son mulleres... eu retrato as cousas dende un ángulo feminino".
Vida persoal Mészáros casou co cineasta László Karda en 1957, mais divorciáronse en 1959 e en 1960 casou co guionista e director de cinema húngaro Miklós Jancsó, a quen coñeceu durante a súa etapa con Mafilm Group 4. Aínda que se divorciaron en 1973, os seus dous fillos, Nyika Jancsó e Miklós Jancsó Jr., traballaron de forma diferente como directores de fotografía de moitos dos seus filmes. Posteriormente, casou co actor polaco Jan Nowicki, do que se divorciou en 2008. Nowicki protagonizou moitos dos seus filmes, incluído The Unburied Dead. O fillo que este tivo nunha relación anterior, Łukasz Nowicki, protagonizou o filme Kisvilma. Mészáros tamén ten unha filla, Kasia Jancsó, do seu segundo matrimonio.
Filmografía Ano Título Directora Guionista 1968 Eltavozott nap 1969 Holdudvar 1970 Szép lányok, ne sírjatok! 1973 Szabad lélegzet 1973 Szeptember végén (telefilme) 1975 Örökbefogadás 1976 Kilenc hónap 1977 Ők ketten 1978 Olyan mint otthon 1979 Útközben 1980 Örökség 1981 Anna 1983 Délibábok országa 1984 Napló gyermekeimnek 1987 Napló szerelmeimnek 1989 Bye bye chaperon rouge 1990 Napló apámnak, anyámnak 1992 Edith és Marlene (telefilme) 1994 A magzat 1996 A hetedik szoba 1998 Három dátum 1999 A Szerencse lányai 2000 Kisvilma - Az utolsó napló 2004 A temetetlen halott 2009 Utolsó jelentés Annáról 2011 Ármány és szerelem Anno 1951 (telefilme) 2017 Aurora Borealis
Notas
Véxase tamén Bibliografía Quart, Barbara.Three Central European Women Directors Revisited. Cineaste 19.4 (1993): 58. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012. Parvulescu, Constantin. Betrayed Promises: Politics And Sexual Revolution In The Films Of Márta Mészáros, Miloš Forman And Dušan Makavejev. Camera Obscura 24.71 (2009): 77-105. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012. Dixon, Wheeler Winston. A Personal/Political Artist: Marta Meszaros. Literature Film Quarterly 23.4 (1995): 293. Academic Search Complete. Web. 30 de abril de 2012. Ligazóns externas Mészáros, Márta, Film Reference.com's Biography of Márta Mészáros Ordinary Lives in Extraordinary Times , entrevista en Senses of Cinema (2002) Central Europe Review, interview about Kisvilma – Az utolsó napló (Little Vilma: The Last Diary) I'm for Liberal, Social Democracy: Marta Meszaros , entrevista en Economic Times (2009) Film: Márta Mészáros's, Diary for my Children Márta Mészáros: Happiness is Being Strong Enough to Fight for Yourself and be Cruel at Times, traducido dunha entrevista de 2010 con The Day, xornal de Kiev Márta Mészáros: Lies do not Like, traducido dunha entrevista con Viva! Adnotated Bibliography
Categoría:Nados en Budapest Categoría:Nados en 1931 Categoría:Directores de cinema de Hungría Categoría:Guionistas de Hungría