Adi Shankaracharya (en ) é un filme indio de 1983, rodado en lingua sánscrita, dirixido por G. V. Iyer. O filme conta a vida e os feitos do filósofo hindú do século VIII Adi Shankaracharya, quen consolidou a doutrina Advaita Vedanta (non dualismo) na filosofía hindú. Foi o primeiro filme da India en ser rodado en sánscrito. Na 31ª edición dos Premios Nacionais de Cinema da India gañou catro galardóns, incluíndo mellor filme, mellor guión, mellor fotografía e mellor audiografía.

Personaxes Sarvadaman D. Banerjee como Adi Shankaracharya Sreenivasa Prabhu como Prajnaana T.S. Nagabharana como Mrithyu Bharat Bhushan como Kaippilly Shivaguru Nambudiri, pai de Adi Shankara Manjunath Bhat como Padmapada Gopal como Thotaka V.R.K. Prasad como Hasthamalaka M.V. Narayana Rao como Sureshwara Gopinath Das como Govinda Bhagavathpada L.V. Sharada Rao como Kaippilly Aryadevi Antarjanam ("Aryamba"), nai de Adi Shankara Leela Narayana Rao como Ubhaya Bharathi Sreepathy Ballal como Kumārila Bhaṭṭa G. V. Iyer como Veda Vyasa

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua sánscrita Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes sobre hinduísmo Categoría:Filmes ambientados no século VIII