Chelsea Light Moving é o primeiro e único álbum de estudio da banda estadounidense de noise rock Chelsea Light Moving, publicado o 5 de marzo de 2013 a través do selo Matador Records. Gravado en dúas sesións en Easthampton, Massachusetts co produtor Justin Pizzoferrato a mediados de 2012, o álbum ten unha forma de rock alternativo e experimental que a banda bautizou como "Burroughs rock" e inclúe referencias a escritores, artistas de vangarda, o movemento contracultural dos 60 e a Nova York.

Tras o seu lazamento Chelsea Light Moving e os seus tres sinxelos ("Burroughs", "Groovy & Linda" e "Frank O'Hara Hit") recibiron críticas positivas. O álbum entrou nas listas en Bélxica e nos Estados Unidos, chegando ao número 12 da lista da Billboard Heatseekers Album Chart. Para promover o disco a banda iniciou unha xira internacional.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Thurston Moore agás onde se indique.

Notas

Categoría:Álbums de Chelsea Light Moving Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums de Matador Records