Seediq Bale (que en lingua seediq quere dicir literalmente "seediq reais" ou "homes reais") é un filme taiwanés de 2011 dirixido por Wei Te-sheng e producido por John Woo. Baséase en feitos reais e conta a historia do incidente Wushe, ocorrido en 1930 no centro de Taiwán. A versión completa do filme estreado en Taiwán está dividido en dúas partes. A primeira parte é camada "太陽旗" (A bandeira do sol), e a segunda parte "彩虹橋" (A ponte arco da vella), cunha duración total de 4 horas e 36 minutos. Porén, as dúas partes foron combinadas nunha única versión para a súa estrea internacional, cunha duración de 2 horas e 30 minutos. É a produción máis cara da historia do cinema de Taiwán. Foi comparado con outros filmes, como Braveheart de Mel Gibson e O derradeiro dos mohicanos polos medios de comunicación taiwaneses.

Personaxes Lin Ching-Tai como Mona Rudao Umin Boya como Temu Walis Masanobu Ando como Kojima Genji Sabu Kawahara como Kamada Yahiko Vivian Hsu como Takayama Hatsuko Lo Mei-Ling como Kawano Hanako

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua seediq Categoría:Filmes en lingua taiwanesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes dirixidos por Wei Te-sheng Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Taiwán Categoría:Filmes ambientados en Taiwán Categoría:Filmes ambientados en 1930