miniatura|Símbolo da Unión de Ornitólogos Estadounidenses, o extinto gran auk (arao xigante). A American Ornithological Society (AOS) ou Sociedade Ornitolóxica Estadounidense, é a máis grande e antiga organización do Novo Mundo dedicada ao estudo científico das aves. Ten a súa sede en Chicago, Illinois.

Historia miniatura|esquerda|380px|Participantes no 13º Congreso da AOU. A sociedade formouse en outubro de 2016 pola fusión da American Ornithologists' Union (AOU), que fora fundada en setembro de 1883 por Elliott Coues, Joel Asaph Allen e William Brewster, e a Cooper Ornithological Society. Os seus membros son principalmente ornitólogos profesionais, aínda que a adhesión está aberta a calquera persoa que teña interese nas aves. A AOS é membro do Ornithological Council.

A sociedade publica dúas revistas científicas, The Auk,que se edita desde xaneiro de 1884, e The Condor, así como a lista de verificación AOS das aves norteamericanas.

En 2013, a American Ornithologists'Union anunciou unha estreita colaboración coa Cooper Ornithological Society, incluíndo reunións conxuntas, unha oficina centralizada de publicación e unha concentración das súas respectivas revistas para aumentar a eficiencia da investigación.

En outubro de 2016 a AOU anunciou que deixaba de funcionar como unión independente, e que se estaba a fusionar coa Cooper Ornithological Society para crear a American Ornithological Society.

O South American Classification Committee (SACC) (Comité de Clasificación de América do Sur), é un comité oficial no marco da AOS que está encargado da creación dunha clasificación estándar, cos nomes en inglés, para as especies de aves de América do Sur.

Noatas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da AOU. Sitio web da SACC.

Categoría:Sociedades científicas