Mare aux Songes (en francés Mare-aux-Songes, en inglés Mare aux Songes swamp), é unha zona pantanosa situada preto do mar no distrito de Grand Port, no sueste da illa de Mauricio.

Características miniatura|150px|esquerda|Esqueleto de dodo ensamblado por Richard Owen a partir de ósos de Mare aux Songes.

Trátase dun pantano, que foi antigamente un lago, cun gran depósito de sedimentos que fan del un importantísimo sitio paleontolóxico que contén numerosos subfósiles de animais extintos recentemente.

É famoso porque en 1865 un mestre de escola, George Clark, encontrou abundantes ósos de subfósiles de dodo (Raphus cucullatus), despois de telos buscado durante trinta anos, estimulado pola monografía de Strickland & Melville sobre as aves.

O sitio tamén contén ósos de dúas especies de tartarugas xigantes Cylindraspis triserrata e C. inepta, así como doutras vinte especies de vertebrados.

En total, o sitio contén ósos de 500 000 vertebrados que morreron durante o holoceno nun período comprendido entre os 4 235 e os 4 100 anos atrás. Esta diminución masiva sería o resultado dunha seca extrema.MARE-AUX-SONGES: Des vertébrés résilients au réchauffement climatique… mais pas à l’homme . Le Mauricien, 19 de agosto de 2011, páxinas 23-55 .C. D. (4 de xullo de 2006): Reconstituer l'histoire du dodo. En Sciences pour les jeunes .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Dodo

Categoría:Mauricio Categoría:Paleontoloxía