dereita|miniatura|Monólito ás vítimas do fascismo nas Conchas (Santa Cruz de Grou, Lobeira). Nicanor Rodríguez Álvarez, nado en Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 15 de maio de 1904 e finado en Meás o 2 de xuño de 1939, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Carpinteiro de profesión asentado en Meás. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Lobeira e elixido primeiro tenente-alcaide. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 11 de xaneiro de 1937. Estivo preso primeiro en Celanova, posteriormente en Ourense, para novamente ser transferido a Celanova. Foi excarcerado en 1938 con graves problemas de saúde. Morreu no seu domicilio a consecuencia das secuelas provocadas polo maltrato a que foi sometido durante a súa detención e na prisión. En 1941 foi condenado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas a unha multa de 100 pesetas.

Vida persoal

Casou con Segunda Álvarez Domínguez.

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Ourense

Categoría:Concelleiros de Lobeira Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Lobeira Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Carpinteiros