Julie Delpy, nada en París o 21 de decembro de 1969 é unha actriz, directora de cine, guionista e cantautora franco-estadounidense. Estudou cinema na Tisch School of the Arts da Universidade de Nova York e dirixiu, escribiu ou interpretou máis de trinta filmes, incluídos Hitlerjunge Salomon (1990), Voyager (1991), Trois couleurs: Blanc (1993), a triloxía iniciada con Before Sunrise (1995, 2004, 2013), An American Werewolf in Paris (1997) e Deux jours à Paris (2007). Foi candidata a tres premios César, dous Online Film Critics Society Awards e dous premios Óscar. Mudouse aos Estados Unidos en 1990 e obtivo a cidadanía estadounidense en 2001.
Traxectoria Primeiros anos Julie Delpy naceu en París, filla única de Albert Delpy, actor e director teatral, e de Marie Pillet, actriz cinematográfica e de teatro de vangarda. A súa nai tamén foi coñecida por asinar en 1971 o Manifesto das 343, asinado por mulleres que defendían os dereitos reprodutivos e admitían que abortaran cando o aborto era ilegal en Francia. No filme de Delpy de 2007 Deux jours à Paris, a personaxe da súa nai está interpretada pola súa nai na vida real e explica que asinou o manifesto, reflectindo a súa acción real. Pillet faleceu en 2009.
Animada polo ambiente artístico en que creceu, Delpy debutou no teatro con cinco anos e aos catorce obtivo o seu primeiro papel no cinema en Detéctive, dirixido por Jean-Luc Godard. Dous anos máis tarde, foi escollida como protagonista de La Passion Béatrice, pola que foi candidata ao premio César á mellor actriz revelación. Co salario pagou a súa primeira viaxe a Nova York, cidade que visitou regularmente ata que se instalou nela en 1990.
Carreira profesional miniatura|esquerda|Delpy no Festival de Cannes, 2002. Delpy obtivo éxito internacional polo seu papel no filme de 1990 Hitlerjunge Salomon, coa súa interpretación de Leni, unha rapaza nazi que se namora de Solomon Perel sen saber que é xudeu. Tras isto, fóronlle ofrecidos moitos papeis, tanto en Hollywood como en Europa.
En 1993, foi escollida polo director Krzysztof Kieślowski para participar no segundo filme da súa triloxía Trois couleurs. Foi a protagonista de Blanc e fixo aparicións nas outras dúas partes da serie.
Delpy, interesada pola dirección dende a súa infancia, debutou como directora en 1995 coa curtametraxe Blah Blah Blah. En 2002 dirixiu a súa primeira longametraxe, Looking for Jimmy, que tamén escribiu e produciu. De carácter experimental, foi estreado en Francia e nos Estados Unidos, mais pasou desapercibido. En 2007 estreou Deux jours à Paris, dirixida, escrita e protagonizada por ela, na que ademais compuxo a banda sonora. Nela actuaron Adam Goldberg e Daniel Brühl e os pais da actriz, Albert Delpy e Marie Pillet, interpretaron os pais da protagonisata.
A súa consolidación nos Estados Unidos chegou a raíz da participación xunto con Ethan Hawke no filme de 1995 Before Sunrise, dirixido por Richard Linklater.
Filmografía Como actriz AnoTítuloPersonaxeNotas 1978 Guerres civiles en France Acreditada como Julie PilletEpisodio La semaine sanglante 1982 Niveau moins troisCurtametraxe 1985 ClassiqueCurtametraxe 1985 Détective Wise young girl 1985 L'Amour ou presque Melie 1986 Mauvais Sang Lise 1987 La Passion Béatrice Beatrice de Cortemart 1987 King Lear Virginia (sen acreditar) 1988 L'autre nuit Marie 1989 La noche oscura Virxe María 1989 Trouble Curtametraxe 1990 Europa Europa Leni 1991 Les dents de ma mère JulieCurtametraxe 1991 Voyager Sabeth 1992 Warszawa. Rok 5703 Fryda 1993 The Three Musketeers Constance 1993 Younger and Younger Melodie 1993 Killing Zoe Zoe 1993 Trois couleurs: Bleu Dominique (cameo) 1994 Trois couleurs: Blanc Dominique 1994 Trois couleurs: Rouge Dominique (cameo) 1995 Blah Blah BlahCurtametraxeTamén directora, guionista e produtora 1995 Before Sunrise Céline 1996 Tykho Moon Lena 1997 Les mille merveilles de l'univers Eva Purpur 1997 An American Werewolf in Paris Serafine Pigot 1997 Alleys and MotorwaysVídeo 1998 The Treat Francesca 1998 L.A. Without a Map Julie 1998 Crime and Punishment SoniaTelefilme 1999 True LoveTelefilme 1999 The Passion of Ayn Rand Barbara Branden Telefilme 1999 But I'm a Cheerleader Lipstick Lesbian 2000 Sand Lill 2001 Investigating Sex ChloeTamén coñecido como Intimate Affairs 2001 MacArthur Park Wendy 2001 Waking Life Céline 2001 Beginner's Luck Anya 2001 ER NicoleSerie de televisión, 7 capítulos 2002 Villa des roses Louise Creteur 2002 Looking for Jimmy AlTamén directora, guionista e produtora 2002 CinéMagique MargueriteAtracción do parque temático de Disney 2003 Notting Hill Anxiety Festival Charlotte 2004 Before Sunset CélineTamén guionista e compositora 2004 Frankenstein Caroline Frankenstein Miniserie 2005 Broken Flowers Sherry 2006 The Legend of Lucy Keyes Jeanne Cooley 2006 The Hoax Nina van Pallandt 2006 Guilty Hearts Charlotte 2007 The Air I Breathe Gina 2007 Deux jours à Paris MarionTamén directora, guionista e produtora 2009 The Countess Erzsébet BáthoryTamén directora, guionista e produtora 2011 Skylab AnnaTamén directora e guionista 2012 2 Days in New York MarionTamén directora e guionista 2013 Before Midnight Céline 2015 Avengers: Age of Ultron Madame B. 2015 Lolo VioletteTamén directora e guionista 2016 Wiener-Dog Dina 2017 The Bachelors Carine 2019 My Zoe Isabelle Tamén directora e guionista
Como cineasta Ano Título Acreditada como NotasDirectoraGuionistaProdutoraCompositora 1995 Blah Blah Blah Curtametraxe2002 Looking for Jimmy Tamén montadora2004 J'ai peur, j'ai mal, je meurs Curtametraxe2004 Before Sunset 2007 Deux jours à Paris Tamén montadora2009 The Countess 2011 Skylab 2012 2 Days in New York 2013 Before Midnight 2013 Making a Scene Curtametraxe2015 Lolo
Notas
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1969 Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Guionistas de Francia Categoría:Cantantes de Francia