Amal Tahir Muhamad Nasir (), nada en Irbid o 9 de setembro de 1959, é unha escritora, crítica literaria e académica xordana.

Traxectoria

Rematou a educación secundaria na Escola Tiberias da súa vila natal en 1977. Graduouse en Lingua e literatura árabe pola Universidade Yarmouk en 1982, e nese mesmo ano recibiu o diploma de docente de secundaria. En 1987 rematou un mestrado de Literatura e crítica, e en 1995 doutorouse pola Universidade de Xordania.

Traballou na Universidade de Mosteghanemi en Alxeria. É membro da Asociación de Escritores de Xordania, do corpo administrativo da Sociedade Xordana para a Ciencia e a Cultura, membro do Forum Cultural de Irbid, do Centro de Estudos da Muller de Amán e do Consello Internacional da Lingua Árabe no Líbano.

O 23 de maio de 2016 o Presidente da Universidade Yarmouk, Refaat Faouri, nomeouna asistente e directora do Centro de Linguas.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores de Xordania Categoría:Nados en Xordania Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Alumnos da Universidade de Xordania Categoría:Críticos literarios Categoría:Alumnos da Universidade Yarmouk

Categoría:Personalidades sen imaxes