Svetlana Gorshenina (tamén transliterado como Svetlana Goršenina;) nada co nome de Svetlana Michajlovna Gorshenina en 1969, é unha historiadora e historiadora da arte uzbeka.
Traxectoria
Especializada en Asia Central, é lectora asociada no Collège de France, onde é catedrática de Historia e Cultura da Asia Central Preislámica. Traballa principalmente en lingua francesa. Baixo a dirección de Galina Pougatchenkova e Valery Germanov defendeu a súa disertación sobre a epistemoloxía da arqueoloxía e a historia da arte de Asia Central.
Foi investigadora no Instituto de Artes e o Instituto da Historia da Academia das Ciencias de Uzbekistán, así como da Fundación Nacional Suíza das Ciencias da Universidade de Lausana e a Universida de Manchester. Foi tamén investigadora asociada no equipo Helenismos das Civilizacións de Asia e Oriente do Centre national de la recherche scientifique na École Normale Supérieure.
Obra La route de Samarcande: l'Asie centrale dans l'objectif des voyageurs d'autrefois, Geneva: Olizane, 2000 Explorateurs en Asie centrale: Voyageurs et aventuriers de Marco Polo à Ella Maillart, Geneva: Olizane, 2003 The Private Collections of Russian Turkestan in the 2nd Half of the 19th and Early 20th Century, Berlin: Klaus Schwarz Verlag, 2004 L'invention de l'Asie centrale: Histoire du concept de la Tartarie à l'Eurasie, coll. "Rayon Histoire" (nº 4). Geneva: Droz, 2014
Obras colaborativas Con Claude Rapin, De Kaboul à Samarcande: Les archéologues en Asie centrale, coll. "Découvertes Gallimard" (nº 411), série Archéologie. París: Gallimard, 2001 Con Aymon Baud e Philippe Forêt, La Haute-Asie telle qu'ils l'ont vue : Explorateurs et scientifiques de 1820 à 1940, Geneva: Olizane, 2003
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.svetlana-gorshenina.net
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Historiadores da arte Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Uzbekistán Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Personalidades sen imaxes