Emilio Álvarez Martínez, coñecido como Reisiño, nado en Vigo o 8 de decembro de 1884 e finado en Vigo o 27 de abril de 1954,El Pueblo Gallego, 28-4-1954, p. 3, 5.. foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria Licenciado en Teoloxía (1913) e doutor en Teoloxía. Foi coadxutor da parroquia de Santiago o Maior de Vigo, capelán do Asilo de Ancianos Desamparados, coadxutor e ecónomo de San Francisco, párroco de San Paio de Ventosela e capelán do Colexio dos Irmáns Maristas de Vigo. Foi inspector de Beneficencia do concello de Vigo. Foi o fundador da Agrupación Martín Codax e o impulsor e logo director da súa revista Martín Codax. Foi fundador da Cofraría penitencial de Nuestro Padre Jesús del Silencio. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dirixiu unha escuadra de falanxistas encargada da represión en toda a comarca. Impulsou a creación dunha gran basílica en Vigo a finais dos anos corenta, proxecto que non chegou a realizarse. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Vigo aos 69 anos.
Recoñecementos Cabaleiro da Orde Civil de Beneficencia. Prelado doméstico da Súa Santidade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1884 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1954