Os Premios de relato Vigo histórico creáronse pola Editorial Elvira no ano 2014 a partir do certame de relatos Vigo Histórico con proxección internacional, podendo participar en galego e en español.

Historia e características Colaboran no premio distintas institucións da cidade como a Federación de Comercio Vigo Histórico, Concello de Vigo e Abanca entre outras. Foron membros do xurado personalidades galegas do eido da cultura como Carlos Oroza, Avelina Rodríguez, Concepción Varela, Bieito Ledo, Antón Pulido Novoa, Xulio Alonso Cuevillas, Patricia Meira, Ledicia Costas, Noelia Otero, Javier Romero, Jacobo Buceta ou José Luis Mateo.

Os gañadores e unha selección de relatos pasan a ser publicados na Colección Relatos na Rúa. Os relatos poden ser de participantes de calquera nacionalidade e tema libre pero a acción ten que acontecer en Vigo, sendo a cidade un elemento destacado.

Os premios ampliáronse no ano 2017 e están dotados dun paquete de libros mais unha remuneración económica: primeiro premio é para o mellor relato dotado cunha contía de mil euros, un segundo premio de cincocentos euros, catro accésits de douscentos euros que poden quedar baleiros se o xurado así o decide e os chamados merecedores de publicación recompílanse nunha antoloxía editado en papel nunha colección chamada "Relatos na Rúa". Parte dos beneficios reverten na colaboración de Fundación Igual Arte.

No ano 2019 convocouse a VI edición

Obras premiadas Ano Obras premiadas Accésits2014 (I edición)"La casita de la rúa Real" de Miguel Puente Molíns"El baile de las estatuas" de Ana B. Gómez"Laio" de María Peinado Casal"La Cubana" de Antonio Delgado Ferro"Un arrabaldo para la lembranza" de Xosé Lois Ripalda2015 (II edición)"La vida de un lápiz" de Julio Fernández Peláez"A miña favorita" de Mila Alonso Rodríguez"Os mariñeiros do Berbés e a serea errante" de Xosé Lois Ripalda"Palillos de tambor" de Ricardo Cid Paz"Rosalía unplugged" de María Alonso Alonso"Vigo visto desde abajo" de Julio Martínez Rodríguez.2016 (III edición)"Nunha maleta caben todos os ventos" de Mari Carmen Pereiro Oliveira."Sereo" de Pilar Ortega Pereiro"El florón" de María Comesaña Romero"Charcos" de Miguel Pereira Rodrigo"La chica del violenchelo" de Urbano Barrios Santamaría2017 (IV edición) 1º premio: "1972" de María Rodríguez Pérez2º premio: "O vento e as formigas" de Marcos López Concepción"A pel do corazón" de Francisco Fernández Davila"A maleta de Schröding" de Eduardo M. Campos Coello"Felpeto" de Mónica Patricia Muñoz Sobrino"Los ladrones de Paraguas" de Rolando Benegas Giménez.2018 (V edición)1º premio: "Cara B" de Rey Falero2º premio: "Los flotantes" de Alejandro Salsé Batán"Vigófono" de Pilar Ortega Pereiro"Redeiras" de Raquel Pazos Garrido"Utopía en patio de butacas blancas" de Luz Gonzales Prieto"Mar de Pedra" de Ana María Fernández Agra.2019 (VI edición)1º premio: "Cerrado por defunción" de Sara Barbazán Domínguez2º premio: "La Ventana" de Rosendo Cid Menor"Noites de voda (ou non)" de Pilar Ortega Pereiro"Memorias póstumas de un detective idiota" de Miguel Cuervo Pérez"O recendo do loureiro" de Julia Tomé Ortega"Felicia da Falperrra" de Andrea Costas Otero

Notas

Categoría:Cultura en Vigo Vigo histórico