miniatura|240px|Grupo de Chaetura vauxi voando. Chaetura é un xénero de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes, familia dos apódidos, que é o tipo da tribo dos queturinos.

As especies deste xénero, aínda que se parecen morfoloxicamente ás anduriñas, non están estreitamente relacionados con elas, nin con ningún outro grupo de paseriformes, e a semellanza é, simplemente, o resultado dunha evolución converxente.

Algúns membros de Chaetura son migrantes de larga distancia, mentres que outros son residentes durante todo o ano.

O xénero agrupa a once especies, semellantes aos cirrios (cos que si están relacionados), propias de América.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1826 polo naturalista inglés, especializado en ornitoloxía, James Francis Stephens.Chaetura Stephens, 1826 no ITIS.

Etimoloxía O nome científico do xénero, Chaetura, constríuno Stephens cos elementos do latín científico chaeto- e -ura, ambos os dous derivados do grego antigo. O primeiro de χαίτη chaítē, "cabelo", "serda",chaet- no Merriam Webster Unabriged Dictionary. e o segundo, de οὐρά ourá, "cola" (de animal),-ura no Merriam Webster Unabriged Dictionary. en referecia ás plumas ríxidas que se proxectan na parte final da cola destas aves.Jobling, James A. (1991): A Dictionary of Scientific Bird Names. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN : 978-0-1985-4634-4.

Clasificación No xénero recoñécense as seguintes once especies:Ver Chaetura en Family Apodidae na [https://www.worldbirdnames.org/bow/swifts/ IOC World Bird List, versión 9.2 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.

Chaetura brachyura (Jardine, 1846) Chaetura chapmani Hellmayr, 1907 Chaetura cinereiventris P. L. Sclater, 1862 Chaetura egregia Todd, 1916 Chaetura fumosa Salvin, 1870 Chaetura martinica (Hermann, 1783) Chaetura meridionalis Hellmayr, 1907 Chaetura pelagica (Linnaeus, 1758) Chaetura spinicaudus (Temminck, 1839) Chaetura vauxi (J. K. Townsend, 1839) Chaetura viridipennis Cherrie, 1916

Rexistro fósil Ademais, unha especie fósil, denominada Chaetura baconica Jánossy, foi descrita sobre a base de restos que datan do mioceno tardío encontrados en Hungría Consultada o 5 de outubrode 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chantler, Phil & Gerald Driessens (2000): A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield: Pica Press. ISBN 1-8734-0383-6. Dickinson, E. C. & Remsen Jr., J. V. (2013): The Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 1 Non-passerines, 4th Edition. Eastbourne, U.K.: Aves Press. ISBN 978-0-9568-6112-2. Josep del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool, Peter Boesman & Guy M. Kirwan (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1. Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / Birdlife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Categoría:Apódidos