Pura Salceda Carballeda, nada na Cidade de México o 24 de agosto de 1961, é unha escritora en galego, castelán e catalán.

Biografía Filla de emigrantes galegos, desde os tres anos vive en Barcelona. É licenciada en Filoloxía hispánica pola Universidade de Barcelona e doutora en Filoloxía románica pola mesma universidade coa tese Narrativa e dramática na revista “Nós” (1920-1935) (2000). Foi secretaria xeral da Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC) de 2010 a 2017. Tamén é membro da AELC (Associació d'Escriptors en Llengua Catalana) e da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Ten sido profesora dos cursos de Lingua e cultura galegas en Cataluña, patrocinados pola Xunta de Galicia, en diversos centros galegos de Cataluña e na Universidade de Barcelona. En 2006 empezou a editar o blog “Sintagma in Blue”.

Ten publicados poemas en diversas revistas literarias de España e América; e en varias escolmas: La voz y la escritura (2006), Mujeres Poetas en el País de las Nubes (2007), El Laberinto de Ariadna (2008), México España desde la pasión (2009), Trato preferente. Voces esenciales de la poesía actual en español (2010), Poetas con Rosalía V (2010), Cançons de Bressol (2011), Tardes del Laberinto (2011), Guía Viva de Ortodoxos y Heterodoxos en la poesía gallega contemporánea (2012), Los mejores poemas de amor (2013), Anuario de poesía de San Diego. Marca Frontera / San Diego Poetry Annual. Border Mark (2014), ErotizHadas (2014), Amores infieles (2014), Escolma salvaxe. Seis anos de Poesía Salvaxe (2014), Poesía amiga y otros poemigas para Aute (2015), Amour fou. Ebrio desván de amores locos (2015), Cuerp@s. Antología poética (2015), Escritores recónditos (2016), Inmortal amor mortal. De cenizas, la máscara (2017), Manuel María. Libro colectivo de homenaxe (2017), Mediterráneas. Antología de Poesía de autoras del Mediterráneo (2018), Poesia a les caves (2018), Las voces de Ariadna (2018).

Publicacións

Galego

A ollada de Astarté (2016). Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 84-96475-45-X. Poesía. Dois corpos nus, despíndose/Dous corpos nus, espíndose (2016). Con Casimiro de Brito. Poética Edições. 114 páxinas. ISBN 978-989- 99585-3-1. En galego e portugués. O paxaro de nácara (2019). Galaxia. 416 páxs. ISBN 978-84-9151-356-8. Narrativa. A dous pasos do Edén (2025).

Castelán

Hola, de dónde eres? Manual de urgencia para navegar en los chats (2003). Ediciones B. Con Andrés Aberasturi. 320 páxs. ISBN 978-84-666-1121-3. Versos de perra negra (2005). Sial Ediciones. 112 páxs. ISBN 978-84-96464-00-1. Prólogo de Luís Eduardo Aute. Poesía. M@res online (2008). Sial Ediciones. 92 páxs. ISBN 978-84-96464-95-7. Prólogo de Luís Alberto de Cuenca.Poesía. Alicia en penumbra. Historia de Perra Negra (2018). Ed. de autor. 327 páxs. ISBN 978-84-09-02552-7. Narrativa.

Bilingüe castelán-catalán

El amante circunstacial. L´amant circunstacial (2014). Prólogo de Miquel de Com Palol e epílogo de Albert Tugues. Pigmalión Edypro. 140 páxs. ISBN 978-84-15916-39-0. Poesía bilingüe. Un lobo extraño. Un llop estrany (2017). Playa de Ákaba. 100 páxs. ISBN 978-84-947334-7-5. Poesía

Libros colectivos

Erato bajo la piel del deseo. Antología de poesía erótica (2010). Sial Ediciones. 564 páxs. ISBN 978-84-15014-12-6. Coordinadora. Las mejores historias de amor (2012). Pygmalión. Coord. Antonino Nieto. Poema longo: De ti y de mi.

Premios

Premio “Sal a escena 2009”, convocado polo Ministerio de Igualdad de España, polo guión da curtametraxe Más asesinadas, dirixida por Mario Pilarte. 2025: Premio Vilar Ponte de novela por A dous pasos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Pura Salceda escritora y poetriz, páxina web da autora. Versos de perra negra, vídeo en You Tube.

Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados na diáspora galega