Alan Michael Sugar, Baron Sugar, nado en Hackney (Londres) o 24 de marzo de 1947 é un magnate dos negocios, personalidade dos medios, político e conselleiro británico. En 1968, comezou o que se converteu no seu maior negocio, a compañía de consumibles electrónicos Amstrad (Alan Michael Sugar Trading). En 2007, vendeu os últimos intereses na compañía nun acordo con BSkyB por 125 millóns de libras.
Sugar foi presidente e copropietario do Tottenham Hotspur entre 1991 e 2001; vendeu o resto das súas accións no club en 2007 por 25 millóns de libras. Aparece na serie de televisión da BBC The Apprentice, que se emite anualmente dende 2005.
Segundo a listaxe de ricos de Sunday Times, Sugar converteuse en milmillonario en 2015. En 2016 tiña unha fortuna estimada en 1150 millóns de libras, clasificándoo como a 95.ª persoa máis rica do Reino Unido.
Traxectoria Sugar naceu en Hackney, East London, nunha familia xudía. O seu pai, Nathan, era xastre nunha industria téxtil do East End."The Lords think I'm a brusque, ignorant cockney" , The Daily Telegraph Os seus avós maternos naceran en Rusia e o seu avó paterno en Polonia. A avoa paterna de Sugar, Sarah Sugar, naceu en Londres de pais polacos.
Cando Sugar era novo, a súa familia vivía nun piso do concello. A causa do seu abondoso e rizado pelo chamárono "Mop head" (“cabeza fregona”), alcume que aínda continúa a empregar. Asistiu á Northwold Primary School e á Brooke House Secondary School de Upper Clapton, Hackney, e fixo cartos extra traballando nunha verdularía. Despois de deixar a escola aos dezaseis anos, traballou por un breve tempo no servizo social como estatístico no ministerio de educación. Comezou a vender antenas de radio para coches e outras mercadorías eléctricas nunha furgoneta que comprou por 50 libras e asegurou por 8. Para poder permitirse isto, renunciou aos seus aforros, que sumaban 100 libras.
Vida persoal Sugar é ateo, mais continúa a estar orgulloso da súa herdanza xudía. Sugar e a súa esposa Ann (de solteira Simons), antiga peiteadora, casaron o 28 de abril de 1968 en Great Portland Street, Londres. Teñen dous fillos e unha filla. A parella vive en Chigwell, Essex.What You See Is What You Get: My Autobiography – Alan Sugar (2010)
Sugar posúe unha aeronave Cirrus SR22 de catro asentos. Durante un intento de aterraxe en City Airport Manchester o 5 de xullo de 2008, Sugar saíuse da pista tras tomar terra debido ao mal tempo e ao campo mollado. Non houbo feridos, mais o avión foi danado considerablemente e deixouse en terra.
En febreiro de 2009, informouse de que Sugar iniciara un proceso legal contra o xornal The Sun tras unha reportaxe que o mencionara nunha listaxe negra de xudeus británicos en resposta ás operacións militares israelís contra Gaza. As ameazas supostamente foran feitas por Glen Jenvey, fonte da historia de The Sun, que as publicou nunha páxina web musulmá baixo identidade falsa.
En 2015, Sugar tiña unha fortuna estimada de 1040 millóns de libras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía David Thomas, "Alan Sugar – the Amstrad Story" (1991), paperback . Alan Sugar, "The Apprentice: How to get hired not fired" Alan Sugar, "What You See Is What You Get: My Autobiography" (2010), hardback .
Categoría:Nados en Hackney Categoría:Nados en 1947 Categoría:Empresarios do Reino Unido Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Presidentes de clubs de fútbol Categoría:Ingleses de ascendencia xudía