«Piove (Ciao ciao bambina)» é unha canción composta e interpretada en italiano por Domenico Modugno. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Fonit Cetra. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.

Festival de Eurovisión 1959 miniatura|esquerda|Domenico Modugno, intérprete da canción, tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959. Selección «Piove (Ciao ciao bambina)» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1959, onde foi interpretada dúas veces, unha por Modugno e outra por Johnny Dorelli.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Piove», sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno. A orquestra foi dirixida por William Galassini.

Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Dinamarca con Birthe Wilke interpretando «Uh, jeg ville ønske jeg var dig» e precedendo a Mónaco con Jacques Pills interpretando «Mon ami Pierrot». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 11 xunto a Bélxica.

Versións En 1959 a canción entrou nas listas de éxito de Hong Kong tras ser gravada polo grupo local The Yee Tin Tong Mandolin Band, publicada por Diamond Records Company. A cantante Dalida gravou unha versión en francés. Dalida Accompagnée Par Raymond Lefèvre Et Son Grand Orchestre ‎– Ciao Ciao Bambina En 1961, a canción foi versionada pola cantante de Hong Kong Kong Ling (江玲), no seu álbum Off-Beat Cha Cha.Kong Ling ‎– Hong Kong Presents Off-Beat Cha Cha O tenor italoestadounidense Sergio Franchi gravou a canción como «Ciao, Ciao Bambina» no seu disco de 1966 La Dolce Italy para RCA Victor.Sergio Franchi En 2015, o trío italiano de ópera pop Il Volo gravou unha versión no seu EP Sanremo Grande Amore.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Italia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Italia en Eurovisión