Mame Younousse Dieng, nada en Tivaouane en 1939 e finada en Dakar o 1 de abril de 2016, foi unha escritora senegalesa en lingua francesa e lingua wólof.

Traxectoria Naceu no África Occidental Francesa, en territorio do antigo Reino de Cayor, de pai orixinario desta rexión e nai procedente de Saint-Louis. Foi mestra e directora de escola.

A súa novela Aawo bi, de 1992, é unha das primeiras obras publicadas en lingua wólof. Ademais, traduciu a esta lingua o himno nacional do Senegal, Pincez tous vos koras, frappez les balafons.

Obra Aawo bi ("A primeira muller"; 1992) L'Ombre en feu ("A sombra do lume"; 1997).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Mame Younousse Dieng , na páxina web da Universidade de Australia Occidental Mame Younousse Dieng, en Lire les femmes écrivains et les littératures africaines

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Escritores do Senegal Categoría:Escritores en lingua wólof Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en Tivaouane