Iolanda Cristina Gigliotti, nada no Cairo (Exipto) o 17 de xaneiro de 1933 e finada en París (Francia) o 3 de maio de 1987, coñecida profesionalmente como Dalida, foi unha actriz e cantante franco-exipcia de pais italianos. Gañou o concurso de beleza Miss Exipto en 1954 e comezou unha carreira de 31 anos como cantante en 1956, vendendo 170 millóns de discos e sinxelos en todo o mundo. Suicidouse en 1987.

Traxectoria Primeiros anos e carreira Iolanda Cristina Gigliotti (posteriormente o seu primeiro nome foi afrancesado como Yolande) naceu en Choubrah, un barrio ás portas do Cairo, en Exipto, no seo dunha familia de clase media. Os seus pais eran inmigrantes calabreses orixinarios de Serrastretta, na provincia de Catanzaro, Italia. Iolanda foi a segunda de tres irmáns. O seu proxenitor era primeiro violín da Ópera do Cairo.

En 1954 foi elixida Miss Exipto. Á elección asistiron tres directores de cinema, co que a vitoria lle abriu as portas do cinema exipcio; Marco de Gastyne contratouna para The Mask of Tutankhamun (1954) e Niazi Mostafa para interpretar a protagonista de A Glass and a Cigarette (1954), nos posters das cales aparece co seu novo nome artístico de Dalida, porque como explicou en 1968, «era un nome moi frecuente en Exipto e gustábame moito». Rexeitou a terceira oferta, un contrato de longa duración por parte dun produtor exipcio, porque Gastyne a aconsellou que tratase de buscar o éxito en París. Así, Dalida tamén decidiu non representar a Exipto en Miss Mundo 1955, mais o Exipto finalmente tampouco participou ese ano a causa da crise de Suez. O 25 de decembro de 1954, Dalila deixou o Exipto por París.

En 1956 gravou a súa primeira canción, «Madona», unha versión en francés dun éxito de Amália Rodrigues. Seguiuna Bambino, un dos seus grandes éxitos, unha tradución da canción napolitana Guaglione, composta por Giuseppe Fanciulli (música) e o letrista Nisa. En principio estaba destinada a publicarse na voz de Gloria Lasso, mais Lucien Morisse, director de programación de Radio Europe 1, fíxoa gravala. «Bambino» foi o primeiro número un de Dalida e en 1957 converteuse no número un de maior duración da historia, cun total de 39 semanas consecutivas. Converteu a Dalida nunha estrela da noite á mañá e valeulle o seu primeiro disco de ouro, sendo a primeira muller que conseguía o galardón, o 19 de setembro de 1957, por vendas superiores aos 300 000 exemplares.

En marzo de 1957 presentouse no teatro Olympia de París acompañando a Charles Aznavour e en setembro a Gilbert Bécaud. En decembro de 1961 presentouse no Olympia como estrela principal, con grande éxito.

En 1967 actuou no Festival de Sanremo, xunto coa súa parella o cantautor italiano Luigi Tenco coa canción composta por el «Ciao amore, ciao». Despois de ser rexeitada a composición por un xurado e polo público, Luigi Tenco suicidouse, un asunto aínda non totalmente esclarecido, xa que a finais de 2005 un fiscal italiano reabriu o caso, por mala investigación e arquivo rápido.

En 1975, Dalida volveu poñer de moda a canción «J'attendrai», cantada orixinariamente por Rina Ketty en 1938; é unha adaptación da italiana «Tornerai» (letra de Nino Rastelli e música de Dino Olivieri), inspirada nunha melodía de Madama Butterfly.

En 1981 Dalida foi a primeira cantante en recibir un disco de diamante. Ao longo da súa carreira conseguiu cincuenta e cinco discos de ouro cantando en dez linguas, e vendeu un total de 140 millóns de discos.

En 1985 volveu a Exipto para rodar o filme El al-Yawm al-Sadis (Le sixième jour en francés), do director Youssef Chahine, que lle deu excelentes críticas, aínda que tamén múltiples lembranzas que a atormentaron durante os seus últimos meses. miniatura|Casa de Dalida en Montmartre

Falecemento Nos últimos anos da súa vida, Dalida sufriu de depresión crónica. Actuou por derradeira vez en concerto en Turquía do 26 ao 28 de abril de 1987 no antigo teatro Aspendos, en Antalya. Foi a súa última aparición pública.Pascal Gavillet, « Dalida, une solitude fatale derrière les paillettes », Tribune de Genève, 22 de xullo de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2018. De volta dos concertos parece apagada: xa non sae, fuma compulsivamente e aumentou o insomnio.Valentine Puaux, « Dalida : Antoine Angelelli, son assistant, revient sur son suicide », Gala, 4 de xaneiro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2018..

O 2 de maio de 1987, fixo crer aos seus achegados que pola noite iría ver a comedia Cabaret, de Jerome Savary, presentada no Teatro Mogador, e que cearía na cidade con François Naudy. Na realidade, Naudy non confirmou a cita, o que a trastornou.. Na noite do 2 ao 3 de maio de 1987, soa na súa casa do 11 bis da rue d'Orchampt, suicidouse por unha sobredose de barbitúricos que tragou cun vaso de whisky. A súa axudante descubriu o corpo o 3 de maio ao final da tarde.« Dalida : Le dernier à l'avoir vue vivante », La DH, 2 de maio de 2007. Consultado o 22 de setembro de 2018.

A igrexa de San Xoán de Montmartre quedou pequena para o funeral e estes tiveron lugar na igrexa de la Madeleine.Un jour, un destin : Dalida, les secrets d'une femme, France 2, 2012. Asistiron unhas 40 000 persoas o 7 de maio de 1987.Géraldine Doutriaux, « 3 mai 1987 : Montmartre perd Dalida », Le Parisien, 3 de maio de 2007. Consultado o 22 de setembro de 2018.

Deixou dúas cartas, unha ao seu irmán Orlando e outra ao seu compañeiro, así como unha frase probablemente dirixida ao seu público:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Mario Luzzatto Fegiz, Morte di un cantautore. Biografia di Luigi Tenco, Gammalibri, 1977 L. Rioux, 50 ans de chanson française, de Trenet à Bruel, Éditions L'Archipel, 1992 C. Daccache - I. Salmon, Dalida, Éditions Vade Retro, 1998 Catherine Rihoit, Dalida, préface d'Orlando, Plon, 1998, 2005 P. Saka - Y. Plougastel, La Chanson française et francophone, Éditions Larousse, 1999 G. Borgna, L'Italia di Sanremo, A. Mondadori, 1999 M. Gilbert Carpentier, Merci les artistes, Éditions Anne Carrère, 2001 Jacques Brachet, Du Nil à la scène, Édition la Nerthe, 2002 Isaline, Dalida, entre violon et amour, Éditions Publibook, 2002 Henry-Jean Servat, Dalida, Albin Michel, 2003, 2007 David Lelait, Dalida, d'une rive à l'autre, Payot, 2004 Daniel Lesueur, L'argus Dalida : Discographie mondiale et cotations, Éditions Alternatives, 2004

J. Barnel, Dalida, la femme de cœur, Éditions du Rocher, 2005 A. Ravier, Dalida passionnément, Éditions Favre, 2006 Bernard Pascuito, Dalida, une vie brûlée, L'Archipel, 2007 Jacques Pessis, Dalida : une vie…, Dargaud, 2007 J. Pitchal, Dalida, tu m'appelais petite sœur…, Éditions Carpentier, 2007 Claire Séverac - Cédric Naïmi, Dalida. Ses fans, ses amis ont la parole, Éditions du Rocher, 2008 Stéphane Julienne - Luigi Gigliotti, Mia zia, ma tante Dalida, Éditions Ramsay, 2009 Frédéric Quinonero, Les années 60. Rêves et Révolutions, Éditions D. Carpentier, 2009 Joseph Agostini, Dalida sur le divan, Envolume, 2017 Olivier Saillard, Dalida, une garde robe de la ville à la scène, París-Musées, 2017

Ligazóns externas Páxina oficial Dalida at MelodyTv

Categoría:Nados no Cairo Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Suicidios en 1987 Categoría:Actores de Francia Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Suicidas de Francia Categoría:Cantantes en lingua alemá Categoría:Cantantes en lingua neerlandesa Categoría:Cantantes en lingua hebrea Categoría:Finados por sobredose