O , coñecido por motivos de patrocinio como , é un estadio de béisbol situado en Tokorozawa, Saitama (Xapón). Inaugurado o 14 de abril de 1979, foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacífico da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posíbel que os home runs poidan saír do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. É, xunto o T-Mobile Park de Seattle, Washington (Estados Unidos), o único estadio de béisbol do mundo con esa característica.

Historia O estadio, comezado a construír en 1978, foi inaugurado o 14 de abril de 1979, sen o teito e co nome de . Desde a súa inauguración foi o estadio local dos Seibu Lions, que chegaban a Tokorozawa desde Fukuoka ese mesmo ano. A instalación da cuberta levouse a cabo en dúas fases: a primeira despois da temporada de 1997 e a segunda fase despois da temporada de 1998. Tras a finalización da obra o estadio mudou de nome a .

O 1 de marzo de 2005, o estadio foi nomeado debido ao patrocinio por dous anos da compañía de comunicacións Invoice. Após o vencemento do contrato, o 1 de xaneiro de 2007 o nome foi mudado a , para reflictir o patrocinio do Grupo Goodwill. O contrato dos dereitos de nome do Grupo Goodwill Group durou cinco anos. Esta mudanza non afectou ao nome oficial do estadio, que seguía a ser Seibu Dome, mais o medios de comunicación utilizaron case en exclusiva o nome patrocinado. A finais de 2007 o estadio recuperou o seu nome oficial debido aos problemas de negocios ilegais de Goodwill. Entre 2015 e 2017 o estadio tivo o nome de , e apartir dese último ano o de .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Saitama Seibu Lions

Ligazóns externas O estadio na páxina web dos Lions

Categoría:Saitama Seibu Lions Categoría:Estadios da NPB Categoría:Estadios de béisbol do Xapón