Lois Patiño Lamas, nado en Vigo o 26 de xaneiro de 1983, é un director e guionista de cinema galego.
Traxectoria É fillo do pintor e escritor Antón Patiño Pérez e da pintora Menchu Lamas. Estudou psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid compaxinándoo con cinema na escola Tai. Continuou os seus estudos de cinema na NYFA de Nova York e en Barcelona, na Universidade Pompeu Fabra.
O seu primeiro filme, Costa da Morte (2013), gañou o premio ó mellor director emerxente na sección Cineastas do Presente no Festival de Locarno e o Premio Mestre Mateo ó mellor documental.
O seu filme Samsara (2023) foi o gañador do Premio Especial do Xurado da sección Encounters no Festival Internacional de Cinema de Berlín.
Filmografía Curtametraxes Montaña en sombra (2012) La imagen arde (2013) Noite sem distância (2015) Lavadoiro (2024)
Filmes Costa da Morte (2013) Lúa vermella (2020) Samsara (2023) Ariel (2025)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1983 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra