Ameenah Gurib-Fakim, nada en Surinam o 17 de outubro de 1959, é unha química e política mauriciana, que foi presidenta da República entre o 5 de xuño de 2015 e o 23 de marzo de 2018.
Traxectoria Medrou coa súa familia en Plaine Magnien e realizou os estudos primarios na escola de Saint-Patrice e os secundarios en Mahébourg Loreto. Os seus estudos universitarios fíxoos en Inglaterra, primeiro realizou un grao en química na Universidade de Surrey en 1983 e o doutoramento en química orgánica na Universidade de Exeter. En 1987 volveu ao seu país e traballou na Universidade de Mauricio Ameenah Gurib-Fakim e Jacobus Nicolaas Eloff (ed.) Chemistry for Sustainable Development in Africa Springer Science & Business Media, p.248, primeiro deu clases na facultade de agricultura e en 1991 pasou á facultade de ciencias. Entre 1987 e 1992 dirixiu a primeira investigación rexional para o inventario e estudo das plantas medicinais e aromáticas do océano Índico."Dr. Ameenah Gurib-Fakim" The EAT-Lancet Commission Dende 2001 é catedrática de química orgánica na facultade de ciencias da Universidade de Mauricio. Foi decana da facultade de ciencias (2004-2006) e entre 2011 e 2015 foi directora do Centre for Phytotherapy Research (CEPHYR), un laboratorio privado. Autora dunha numerosa obra, tanto libros como artigos científicos, sobre química e en especial sobre conservación da biodiversidade e o desenvolvemento sustentable.
Presidencia da República No ano 2014 o goberno chegou a un acordo político para elixir o presidente e o 29 de maio de 2015 conforme ese pacto o presidente Kailash Purryag renunciou« Le Président Kailash Purryag a démissionné pour respecter un accord avec sir Anerood Jugnauth » , definmedia.info, 29 de maio de 2015.. O 4 de xuño a Asemblea Nacional elixiu por unanimidade a, Ameenah Gurib-Fakim« Parlement: Ameenah Gurib-Fakim élue à l’unanimité présidente de la République », L'Express, 4 de xuño de 2015, a primeira presidenta mauriciana de pleno dereito, aínda que Monique Ohsan Bellepeau xa o fora antes de xeito interino« Maurice : une femme présidente de la République » , Les Échos, 1 de xuño de 2015..
En marzo de 2018 o xornal L'Express publicou documentos bancarios que demostrarían que a presidenta utilizara para fins persoais ao longo de 2016 un cartón bancario remitido pola ONG Planet Earth Institute, do millonario angolano Álvaro Sobrinho"Presidente da República da Maurícia pede demissão" DW, 17 de marzo de 2018. O 9 de marzo o primeiro ministro Pravind Jugnauth anunciou á prensa que a presidenta Gurib-Fakim renunciaría ás súas funcións pouco despois das celebracións do 50 aniversario da independencia do 12 de marzo e antes do comezo das sesións parlamentarias fixadas para o remate do mesMaurice: la présidente va démissionner, Le Figaro, 9 de marzo de 2018.. Así e todo, o 14 de marzo, a presidenta mauriciana anunciou que se mantería no posto, rexeitando todas as acusacións"Maurice : la présidente Ameenah Gurib-Fakim refuse de démissionner", La Tribune Afrique, 14 de marzo 2018.. Mais finalmente, presentou a súa renuncia o 17, con efecto o 23, asumindo o posto interinamente o vicepresidente Barlen Vyapoory.
Obra Plantes médicinales de l'île Rodrigues : pharmacognosie, phytochimie et étude comparative des données ethnobotaniques avec celles des autres îles du sud ouest de l'océan Indien. Coa asistencia de Joseph Guého e a participación de M.D. Sewraj e mais E. Dulloo. Ed. de l'Ocean Indien, 1994 Plantes médicinales de Maurice: pharmacognosie, phytochimie et étude comparative des données ethnobotaniques avec celles des autres îles du Sud-Ouest de l'océan Indien. Con Joseph Guého e a participación de M.D. Bissoondoyal. Ed. de l'Ocean Indien, 3 volumes: 1995-1997 Natural toxins and poisonous plants of Mauritius. Con Joseph Guého e M. D. Bissoondoyal. Editions Le Printemps, 1999 Mauritius through its medicinal plants : towards a better understanding of medicinal plants of the Indian Ocean Islands. Editions Le Printemps, 2002 (Le Printemps publicou tamén versión en francés) An Illustrated Guide to the Flora of Mauritius & the Indian Ocean Islands. Caractere Ltée, 2003 (tamén existe versión en francés) Medicinal Plants of Mauritius and of the World, 2007 Toutes les plantes qui soignent : Plantes d'hier, médicaments d'aujourd'hui. Michel Laffont, 2008 Mieux connaitre les Arbres et Arbrisseaux de Maurice et des Iles de l’Ocean Indien, 2008 Arbres du Monde, 2013
Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Mauricio Categoría:Personalidades da química Categoría:Presidentes de Mauricio Categoría:Alumnos da Universidade de Exeter