Manuel Prieto Marcos, nado en Tui o 6 de xuño de 1905 e finado en Buenos Aires o 23 de xuño de 1945, foi un músico e poeta galego.
Traxectoria Foi o fillo máis vello de Arturo Prieto Pérez, natural de Ourense, e Tomasa Marcos Romo, nada en Hinojosa de Duero (Provincia de Salamanca), que morreron prematuramente. Manuel estudou solfexo e ingresou na banda do Rexemento de Infantaría Murcia, con base no Cuartel de Barreiro, en Lavadores, Vigo, onde foi solista de óboe. En 1925 foi nomeado subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía de Arousa. Nese tempo casou. En 1928 o matrimonio emigrou á Arxentina, instalándose primeiramente en Concordia (provincia de Entre Ríos), e despois en Buenos Aires, onde Manuel dirixiu agrupacións corais, compuxo pezas como Cantarela, Canto de nenos, Romaxe e Ruada e harmonizou melodías populares galegas.
Colaborou en Correo de Galicia, Abrente, Alalá, Dolmen, Galicia, Lugo, Mundo Gallego, Céltiga e A Fouce, e escribiu un único libro de poesía, de 59 páxinas, Versos en gama de gaita, publicado en 1943 por Edicións das Mocedades Galegas con portada de Luís Seoane, que foi reeditado pola Editorial Nós, tamén en Buenos Aires, en 1970.
As súas cinzas repousan no Cemiterio da Chacarita. Os periódicos galegos bonaerenses dedicáronlle unha homenaxe polo quinto cabodano.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Manuel (xullo de 1958). "Manuel Prieto Marcos, músico y poeta". Lar .
, Alberto (1966). Los gallegos en la Argentina, tomo II. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires .
Ligazóns externas "Manuel Prieto Marcos, un poeta tudense en Argentina" tudensia.blogspot.com 27/4/2010. , Xoán Xosé (maio de 2006). "Lembranza do músico e poeta Manuel Prieto Marcos" Raiola. Centro Galego de Vitoria-Gasteiz, n.º 13. pp. 8–10.
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina