O elasmoterio (Elasmotherium sibiricum, gr. ‘besta da chaira siberiana’) é unha especie extinta de mamífero perisodáctilo da familia Rhinocerotidae.
Foi un enorme rinoceronte do continente asiático e algúns especialistas afirman que puido ser a orixe da lenda do mítico unicornio, pois tiña un só corno de dous metros de longo, afiado e excepcionalmente groso, produto da fusión dos dous cornos habituais nos rinocerontes. Debido a iso, tamén se lle adoita chamar unicornio xigante ou unicornio siberiano.
Hábitat e alimentación O elasmoterio viviu durante o Plistoceno nas estepas de Rusia e Asia Central, ó sur das áreas ocupadas polo seu contemporáneo o rinoceronte laúdo, onde se alimentaba de herbas. Os dentes, semellantes ós dun cabalo, identifícano inequivocamente como un pastador especializado.
Extinción miniatura|Vista lateral do cranio e o corno. Os elasmoterios desaparecen do rexistro fósil a finais do Plistoceno, hai uns 10 000 anos, xunto con gran parte da megafauna do hemisferio norte, polo que se considera esa como a data máis probable da súa extinción. Porén, hai quen afirman que algunhas poboacións puideron sobrevivir algúns milenios máis, dando lugar a algunhas bestas do folclore das estepas de Eurasia.
Notas
Categoría:Rinocerontes Categoría:Especies extintas na prehistoria Categoría:Animais descritos en 1809