é un filme de 2017 dirixido por Takashi Miike. Está protagonizado por Takuya Kimura e Hana Sugisaki. A historia baséase no manga epónimo de Hiroaki Samura, cubrindo os dous primeiros arcos da serie. O filme estreouse fóra de competición no Festival de Cine de Cannes de 2017, e nos cinemas do Xapón a través de Warner Bros. Pictures o 29 de abril de 2017. O tema principal do filme, "Live to Die Another Day", foi interpretado por Miyavi.
Personaxes Takuya Kimura como Manji Hana Sugisaki como Rin Asano Sota Fukushi como Kagehisa Anotsu Hayato Ichihara como Shira Erika Toda como Makie Otono-Tachibana Kazuki Kitamura como Sabato Kuroi Chiaki Kuriyama como Hyakurin Shinnosuke Mitsushima como Taito Magatsu Ichikawa Ebizō XI como Eiku Shizuma Min Tanaka como Kagimura Habaki Tsutomu Yamazaki como Kensui Ibane
Acollida Mugen no jūnin estreouse nos cinemas do Xapón a través de Warner Bros. Pictures o 29 de abril de 2017. Variety afirmou que o filme conseguiu 6,73 millóns de dólares na recadación doméstica, que o describiu como "decepcionante". Variety suxire que o resultado de recadación débense en parte ás desavinzas entre o grupo musical SMAP co actor Takuya Kimura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Takashi Miike Categoría:Filmes de Warner Bros.