Franco Cerri nado en Milán o 29 de xaneiro de 1926, e finado o 18 de outubro de 2021, foi un guitarrista de jazz de renome europeo, presentador da RAI e autor de cursos sobre metodoloxías da guitarra."Franco Cerri"
Traxectoria Franco Cerri comezou a súa carreira no jazz no ano 1945 asociado ao músico e autor, tamén italiano, Gorni Kramer. No 1949 acadou a posibilidade de colaborar co aclamado guitarrista belga Django Reinhardt e o violinista Stéphane Grappelli."Entrevista a Franco Cerri" Desde o comezo da súa carreira traballou para a televisión italiana sumando un total de 750 colaboracións para a RAI dentro de programas como Fine serata da Franco Cerri, Jazz in Italia, Jazz in Europa, di Jazz in Jazz e Jazz Primo Amore. Cerri dirixiu os seus propios cuartetos e quintetos onde dirixiu outros coñecidos músicos de jazz como Gianluigi Trovesi ou Tullio De Piscopo. Nas décadas posteriores acadou sona internacional chegando a traballar con Chet Baker, Billie Holiday, Tony Scott ou Bud Shank.
No ano 2006 recibiu a condecoración de "Commendatore della Repubblica" por parte do presidente do país na honra da súa extensa carreira nacional e internacional."Franco Cerri condecorado"
Discografía miniatura|Franco Cerri en televisión 1952 Franco Cerri Quintet con Flavio Ambrosetti 1958 Jazzin' con Cerri 1959 Franco Cerri e estrelas Europeas 1960 Franco Cerri Quartet 1960 Franco Cerri Quartet e coristas 1961 Franco Cerri International Jazz Meeting 1963 Bossa nova (Columbia) 1964 Chitarra (Columbia) 1966 12 bacchette per una chitarra 1968 La sera a casa con te (CGD) 1970 Franco Cerri Jazz (Dire) 1973 Metti una sera Cerri, con Pino Presti e Tullio De Piscopo 1974 From Cathetus to Cicero, con Stefano Cerri e Gianluigi Trovesi 1975 A Limen 1975 Querce platani e cerri 1976 Nuages (Dischi Ricordi) 1976 Franco, Tony e Pompeo (Mallobia) con Tony Scott e Bunnie Foy 1977 Un suo modo di dire (Directo) 1978 Noi duero 1979 Demoiselle 1981 Omaggio a Bill Evans (Directo) con Enrico Intra e Lucio Terzano 1982 Effetto Alfa 1984 Franco Cerri Today! (Directo) 1985 From Milan to Frankfurt 1990 Jazz in Italy with Enrico Intra (Ariston) 1990 Di jazz in jazz (Directo) 1993 Cerri & Cerri 1995 A Django, en souvenir de Milan 1997 From Milan to Brussels 1998 Images 1999 Di Jazz in Cerri...di Cerri en Jazz 2000 In punta di Cerri 2003 From Cathetus to Cicero 2004 Ieri & oggi (reedición de Metti Una sera Cerri) 2006 Just Smile 2011 Bossa with Strings (Blue Serge) 2012 Cerrimedioatutto (M.A.P. Golden Jazz)"Cerri, discografía"
Notas
Véxase tamén Bibliografía Librando, Diego (2004). Il jazz a Napoli: dal dopoguerra agli anni Sessanta (en Italiano). Guida Editori. p. 75. "Italian newsnotes". Billboard. Agosto 1, 1960. Mozzoletti, Adriano; Zenni, Stefano (2002). Kernfeld, Barry, ed. The New Grove Dictionary of Jazz. 1 (segunda ed.). Nova York: Grove's Dictionaries. p. 413. ISBN 1-56159-284-6. "Franco Cerri". Archiviostorico.corriere.it. 2009-12-24.
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Milán Categoría:Guitarristas de jazz Categoría:Músicos de Italia Categoría:Finados en 2021