Daniel Batán, nado en Lalín o 3 de xuño de 1980, é un compositor e baixista de jazz galego. Traxectoria Bolseiro da Escola Estudio de Santiago de Compostela, do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e alumno de Victor Wooten, Gary Willis ou Frank Gambale gradúase baixo a máxima cualificación no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) con especialidade en jazz. Funda o grupo galego de jazz Telegraph Vadis xunto ao pianista Iago Mouriño, traballa como compositor para as Big Bands de Bob Sands, Bobby Martínez e Miguel Blanco. Premiado no IV Concurso de Composición y Arreglos para Big Band traballa actualmente como director da Big Band de Castela-A Mancha e coordinador da Facultade de Artes Escénicas, Música e Danza.

Obra No berce do tempo Wish

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Baixistas de jazz