A dos penelopinos (Penelopinae) é unha subfamilia de aves da familia dos crácidos, dentro da orde dos galiformes.
Comprende unha serie de xéneros de aves que constitúenen o grupo máis grande da familia dos crácidos, que se encontran principalmente no norte de Suramérica, o sur de Centroamérica e nalgunhas illas caribeñas adxacentes.
A maioría dos autores inclúen na subfamilia o xénero Oreophasis, coa súa única especie, Oreophasis derbianus, afastada filoxeneticamente, que para outros constitúe por si soa unha tribo, ou incluso unha subfamilia diferente.
Taxonomía Etimoloxía O nome científico da subfamilia, Penelopinae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Penelop- e -inae. O primeiro esta tirado da raíz do nome do xénero tipo da subfamilia, Penelope, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das subfamilias de animais.
Para a etimoloxía do xénero, ver Penelope.
Xéneros Subfamilia penelopinos (Penelopinae) Huxley, 1868 Penelopinae no ITIS. Aburria Reichenbach, 1853 Chamaepetes Wagler, 1832 Oreophasis G. R. Gray, 1844 Ortalis Merrem, 1786 Penelope Merrem, 1786 Penelopina Reichenbach, 1861
Notas
Véxase tamén Bibliografía del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Allan J. & Wajntal, Anita (2002): "Combined nuclear and mitochondrial DNA sequences resolve generic relationships within the Cracidae (Galliformes, Aves)". Systematic Biology 51 (6): 946-958.
Outros artigos Aves Galiformes Crácidos
Ligazóns externas Penelopinae na ADW.
Categoría:Crácidos