Non confundir con Penélope.

miniatura|240px|Penelope ochrogaster. miniatura|240px|Penelope purpurascens. miniatura|240px|Penelope superciliaris.

Penelope é un xénero de aves galiformes da familia dos crácidos, que é o tipo da subfamilia dos penelopinos.

Características, hábitat e distribución A subfamilia abrangue 15 especies de aves arbóreas de tamaño grande (de 65 a 95 cm) e aparencia semellante ás dos pavos, que se distribúen polos bosques desde o sur de México até a América do Sur tropical. A súa plumaxe e predominantemente de cor parda escura, e a súa cabeza é relativamente pequena en relación co tamaño dos seus corpos.

A maioría dos membros deste xénero teñen unha chamada típica estridente. Un certo número deles son especies ameazadas e, polo menos unha, está en perigo crítico de extinción, xeralmente debido á deforestación e caza. No caso de varias especies as poboacións estimadas son tan baixas como unhas 1 000 aves maduras distribuídas nunha área considerábel. Debido á escaseza de moitos dos membros do xénero, e tamén debido ao que os seus hábitats adoitan atoparse en bosques de altitudes moi altas, son pouco coñecidos os seus hábitos e a súa reprodución; de feito, algunhas especies atópanse en altitudes de até os 3 350 metros. Os niños constúenos tipicamente nas ramas das árbores.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1786 polo naturalista alemán Blasius Merrem,Penelope Merrem, 1786 no ITIS. na súa obra Avium rariorum et minus cognitarum icones et descriptiones.Wikispecies.

Etimoloxía O nome do xénero, Penelope, deriva do grego antigo Πηνελόπη Pēnelópē, Penélope, personaxe da Odisea; os filólogos clásicos tenden a considerar que este nome vén probabelmente de πηνέλοψ pēnélops, nome de certa especie de pato ou de ganso salvaxes.Penelope (bird genus) en Memidex dictionary.Carnoy, Albert (1957): Dictionnaire étymologique de la mythologie gréco-romaine. Paris: Librairie orientaliste Paul Geuthner.

Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:Penelope en "Megapodes, guans, guineafowl, New World quail". IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019). Consultada o 31 de xaneiro de 2019. Penelope albipennis Taczanowski, 1878 Penelope argyrotis (Bonaparte, 1856) Penelope barbata Chapman, 1921 Penelope dabbenei Hellmayr & Conover, 1942 Penelope jacquacu Spix, 1825 Penelope jacucaca Spix, 1825 Penelope marail (Statius Muller, 1776) Penelope montagnii (Bonaparte, 1856) Penelope obscura Temminck, 1815 Penelope ochrogaster Pelzeln, 1870 Penelope ortoni Salvin, 1874 Penelope perspicax Bangs, 1911 Penelope pileata Wagler, 1830 Penelope purpurascens Wagler, 1830 Penelope superciliaris Temminck, 1815

Evolución O xénero Penelope parece que se orixinou como conmsecuencia da expansión cara ao sur dos crácidos a través dos Andes até toda a América do Sur tropical. Os seus parentes máis achegados son probabelmente as especies do xénero Aburria. Os antepasados destes xéneros aparentemente diverxeron nalgún momento durante o mioceno superior, hai 20-15 millóns de anos, pero isto non está corroborado pola evidencia fósil.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Allan J. & Wajntal, Anita (2002): "Combined nuclear and mitochondrial DNA sequences resolve generic relationships within the Cracidae (Galliformes, Aves)". Systematic Biology 51 (6): 946-958.

Outros artigos Aves Galiformes Crácidos Penelopinos

Ligazóns externas Penelope na ADW.

Categoría:Crácidos