O pitón reticulado (Python reticulatus) é unha cobra pertencente á familia Pythonidae, propia do Sueste asiático e a Wallacea. Hai estudos xenéticos que afirman que o xénero Python é parafilético e que esta especie debe pertencer a un xénero novo, Malayopython.Reynolds, Niemiller & Revell, 2014 : Toward a Tree-of-Life for the boas and pythons: Multilocus species-level phylogeny with unprecedented taxon sampling. Molecular Phylogenetics and Evolution, vol. 71, p. 201–213.

Descrición esquerda|miniatura|Pitón reticulado. É a cobra cos exemplares de máis lonxitude que se coñecen, podendo exceder algúns os 8 m e 135 kg de peso, pero en catividade raramente superan os 6,5 metros.

Existe un debate aínda sobre cal é a meirande cobra. Algúns están a favor da pitón e outros da anaconda. A anaconda é a serpe máis pesada; porén, os exemplares máis longos atopados foron de pitón reticulado.

Distribución Orixinario de Asia suroriental, Indonesia e Filipinas, este pitón habita en selvas húmidas entre pólas semidescompostas das árbores e zonas próximas á auga, xa que pode nadar longas distancias. De costumes nocturnos, é posible atopalos nos lugares máis insólitos, mesmo dentro de vivendas ou en adegas de barcos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Auliya MA (2003). Taxonomy, Life History and Conservation of Giant Reptiles in West Kalimantan. Ph.D. thesis, Universidade de Bonn. Auliya MA, Mausfeld P, Schmitz A, Böhme W (2002). "Review of the reticulated python (Python reticulatus Schneider, 1801) with the description of new subspecies from Indonesia". Naturwissenschaften 89 (5): 201–213. (HTML abstract, electronic supplement available to subscribers).

Schneider JG (1801). Historiae Amphibiorum naturalis et literariae Fasciculus Secundus continens Crocodilos, Scincos, Chamaesauras, Boas, Pseudoboas, Elapes, Angues, Amphisbaenas et Caecilias. Jena: Frommann. vi + 364 pp. + 2 plates. ("[Boa] Reticulata", new species, pp. 264–266). Shine R, Ambariyanto, Harlow PS, Mumpuni (1999). "Reticulated pythons in Sumatra: biology, harvesting and sustainability". Biol. conserv. 87 (3): 349-357. ISSN 0006-3207. Abstract at CAT.INIST. Consultado o 12 de setembro de 2007.

Categoría:Animais descritos en 1801 Categoría:Réptiles de Bangladesh Categoría:Réptiles de Brunei Categoría:Réptiles de Camboxa Categoría:Réptiles de Filipinas Categoría:Réptiles da India Categoría:Réptiles de Indonesia Categoría:Réptiles de Laos Categoría:Réptiles de Malaisia Categoría:Réptiles de Myanmar Categoría:Réptiles de Tailandia Categoría:Réptiles de Vietnam