A crise da Restauración constituíu a etapa final do período constitucional do reinado de Afonso XIII en España. Non existe un consenso sobre o ano exacto do inicio da crise do réxime político da Restauración, aínda que se adoita situar un pouco antes ou un pouco despois de 1914, segundo se dea máis ou menos relevancia ao impacto da Primeira guerra mundial en España, a pesar de que se mantivo neutral durante todo o conflito. Si que existe acordo en considerar que un momento clave da mesma foi a crise española de 1917 e, tamén, que o seu final se produciu en setembro de 1923 co triunfo do golpe de estado que deu paso á ditadura de Primo de Rivera.
O inicio da crise e o impacto en España da Gran Guerra miniatura|Retrato de Afonso XIII vestido co hábito da Orde de Calatrava (1917), realizado por Francisco Gras.|esquerda Segundo o historiador Manuel Suárez Cortina, «os efectos sociais e políticos da guerra representaron un factor decisivo na crise definitiva do sistema parlamentar tal como viña funcionando desde 1875. A escaseza de alimentos, o dislocamiento económico, a miseria social, a precariedade e a inflación estimularon o espertar político e a militancia ideolóxica das masas. Baixo estas condicións, a modalidade clientelar e caciquil da política española descompúxose. Trala guerra xa non foi posible restaurar a vella orde».Suárez Cortina (2006), p. 185 A historiadora Ángeles Barrio, pola súa banda, afirma que a guerra «non foi, con todo, a causa inmediata do afundimento do bipartidismo. O sistema de partidos estaba xa en descomposición cando estalou o conflito, e a conxuntura especial da neutralidade só acelerou o seu declive no medio dun ambiente progresivamente crítico contra o réxime. Era a sociedade a que, en pleno proceso de cambio, comezaba a reclamar o dereito efectivo á representación, o final definitivo da vella política, co que iso supuña de ameaza de impugnación para o sistema».Barrio (2004), p. 14. "O control das eleccións por parte do partido gobernante, como fora habitual durante anos, foise reducindo notablemente en tanto crecían as dificultades para lograr maiorías parlamentarias que forna quen de dar estabilidade aos gobernos. A fragmentación en faccións e grupos levaría, a partir de entón, á formación de minorías fortes que só ofrecían ao goberno da quenda un apoio eventual, co conseguinte bloqueo da actividade lexislativa..." miniatura|Afonso XIII de visita en París en 1913, un ano antes do comezo do Primeira guerra mundial. Sentado ao seu carón, o presidente da Terceira República Francesa, Raymond Poincaré. Cando principiou a Primeira guerra mundial en agosto de 1914 o goberno conservador de Eduardo Dato decidiu manter a España neutral, porque na súa opinión, compartida pola maioría da clase dirixente, carecía de motivos e de recursos para entrar no conflito.Juliá (1999), p. 40 O rei Afonso XIII tamén estivo de acordoTusell & García Queipo de Llano (2002), p. 284; pp. 287-288 e moi poucos se opuxeron á neutralidade.Moreno Luzón (2009), pp. 422-423 España era un Estado de segundo rango, que carecía da potencia económica e militar suficiente como para se presentar coma un aliado desexable a calquera das grandes potencias europeas en conflito —Alemaña e Austria-Hungría, por unha banda; Gran Bretaña, Francia e Rusia, por outro—.Suárez Cortina (2006), pp. 185-186 Así o recoñeceu o primeiro ministro Dato nunha nota dirixida ao rei:Moreno Luzón (2009), p. 426
A neutralidade tivo importantes consecuencias económicas e sociais xa que impulsou enormemente o proceso de «modernización» , iniciada timidamente en 1900, debido ao aumento considerable da produción industrial española á que, de súpeto, se lle abrían novos mercados —os dos países belixerantes, e os dos países que estes xa non podían abastecer—. Con todo, a inflación disparouse mentres que os salarios medraban a un ritmo menor e producíronse carestías dos produtos de primeira necesidade, como o pan, o que provocou motíns de subsistencias nas cidades e o aumento dos conflitos laborais protagonizados polos dous grandes sindicatos, CNT e UXT, que reclamaban aumentos salariais que freasen a diminución dos salarios reais.Suárez Cortina (2006), pp. 188-190 Segundo os datos do Instituto de Reformas Sociais en 1916 os prezos dos produtos básicos incrementáronse entre un 13,8% o leite até un 57,8% o bacallau, pasando por un 24,3% o pan, un 30,9% os ovos ou un 33,5% a carne de vacún.Suárez Cortina (2006), p. 192
O retorno dos liberais ao poder e o aumento da conflitividade social (1915-1917) esquerda|miniatura|310x310px|Santiago Alba ,ministro de Facenda do goberno do conde de Romanones que fracasou no seu intento de establecer un imposto extraordinario sobre os beneficios da guerra. Seguindo os usos da quenda, en decembro de 1915 o liberal conde de Romanones substituíu o conservador Eduardo Dato á fronte do goberno. Deseguido se procurou unha maioría ampla nas Cortes nas eleccións do ano seguinte grazas ao acordo que alcanzou co líder conservador na repartición de escanos do encadramento. «Con proverbial habilidade, Romanones puido preparar unhas eleccións que deron satisfacción a tódalas faccións, cada vez máis numerosas, dos partidos dinásticos» e tamén «ao crecente número de deputados con distrito propio, os que dispuñan de suficiente arraigamento no seu distrito como para non entrar nas negociacións para o encadramento», afirma Santos Juliá. Romanones incluíu no seu goberno ao liberal rexeneracionista Santiago Alba como ministro de Facenda, quen propuxo en xuño de 1916 a creación dun imposto extraordinario sobre os beneficios da guerra, co que financiar un amplo programa de obras públicas, pero se atopou coa radical oposición da patronal, especialmente a vasca e a catalá, e a do líder da Lliga Rexionalista Francesc Cambó. Finalmente Romanones non apoiou ao seu ministro e a reforma fiscal frustrouse.Juliá (1999), pp. 40-41
O goberno de Romanones tivo que facer fronte tamén á crecente conflitividade social protagonizada pola CNT e a UXT, as dúas grandes organizacións obreiras que naceran ou se consolidaran nesa segunda década do século, cando «os seus afiliados comezaron a contarse por decenas de milleiros», como destacou Santos Juliá. Os motivos fundamentais eran a deterioración dos salarios reais, como consecuencia da inflación —os prezos entre 1913 e 1918 medraron un 118% mentres que os salarios só aumentaron un 25%— e os desabastecementos cos consecuentes motíns de subsistencias.Juliá (1999), pp. 51-52
En maio de 1916, a UXT acordou no seu XII Congreso chegar a un pacto con CNT para desenvolver accións conxuntas. Unha resolución semellante acordouse no congreso da CNT celebrado en Valencia en maio. O resultado foi a firma en xullo de 1916 do chamado Pacto de Zaragoza entre as direccións das dúas organizacións obreiras. A resposta do goberno de Romanones foi ordenar deter aos asinantes do pacto. Iso non impediu que CNT e UXT pactasen o 26 de novembro convocar unha folga xeral en toda España para o 18 de decembro en protesta polo aumento dos prezos e os desabastecementos.
A folga foi un éxito polo que as dúas organizacións decidiron en marzo do ano seguinte preparar outra, esta vez «indefinida» e, por tanto, «revolucionaria», cuxo fin sería «unha transformación completa da estrutura económica do país e da estrutura política tamén».Juliá (1999), pp. 52-53
En abril de 1917, un mes despois da caída do tsarismo, o goberno do liberal Romanones, recoñecido aliadófilo, caeu debido á súa postura belixerante respecto do afundimento de barcos mercantes españois por submarinos alemáns —o que supuña o achegamento aos aliados— que non foi apoiada por unha parte do seu partido e tampouco polo rei, quen durante a guerra virara cara a posicións próximas aos xermanófilos, os máis firmes defensores da estrita neutralidade, aínda que montara en palacio unha Oficina Pro Cativos que se ocupou dos prisioneiros de ámbolos dous bandos.Moreno Luzón ( 2009), pp. 431-432 Nun longo memorando entregado ao rei tralo seu cesamento á fronte do goberno, Romanones explicáballe que el houbera sido partidario dun achegamento ao aliados pero que mantivera unha política de neutralidade á que Alemaña respondera de forma hostil co afundimento de barcos mercantes españois e a axitación en Marrocos.Tusell & García Queipo de Llano (2002), pp. 297-298
A Romanones substituíuno o tamén liberal Manuel García Prieto, considerado máis próximo aos Imperios Centrais có seu antecesor.Tusell & García Queipo de Llano (2002), p. 298 Pero o seu goberno só durou tres meses por mor da grave crise á que tivo que facer fronte provocada polo órdago que lanzaron as recentemente creadas Xuntas de Defensa.Juliá (1999), pp. 41-42
A crise de 1917
As Xuntas Militares de Defensa miniatura|Manuel García Prieto, presidente do goberno que se opuxo á legalización das Xuntas Militares de Defensa, pero que se viu na obriga de ter que dimitir pola falta de apoio de El-Rei Afonso XIII. O desencadeamento inicial da crise de 1917, «a peor crise que experimentara desde as súas orixes o réxime constitucional da Restauración» segundo Moreno Luzón,Moreno Luzón (2009), p. 444 foi o problema exposto polo movemento das "Xuntas de Defensa", nacidas en 1916. Eran estas unhas organizacións corporativas dos militares con destino na península que reclamaban o aumento dos seus salarios —a inflación tamén lle estaba a afectar á oficialidade— e que tamén protestaban polos rápidos ascensos por méritos de guerra que obtiñan os seus compañeiros destinados en Marrocos, e que grazas a eles podían aumentar os seus ingresos.Suárez Cortina (2006), p. 193
As Xuntas esixían o seu recoñecemento legal ao que se opuña o goberno. En abril de 1917, caera Romanones sendo substituído por un goberno presidido polo tamén liberal Manuel García Prieto, cuxo ministro de Guerra, o xeneral Francisco Aguilera y Egea ordenou a disolución das Xuntas. A tensión entre o goberno e as Xuntas chegou ao seu clímax na derradeira semana de maio.Suárez Cortina (2006), p. 195 O 1 de xuño a Xunta de Defensa de Barcelona presentou un escrito ao capitán xeneral de Cataluña no que esixía a posta en liberdade dos oficiais detidos por pertencer ás xuntas e o recoñecemento das mesmas e ameazaba con romper a disciplina se non se aceptaban as súas demandas.
O rei púxose ao lado das Xuntas «aínda que para iso tivese que desautorizar ao seu ministro de Defensa e cambiar o goberno liberal por un conservador, nun último intento de normalizar a situación». Segundo Moreno Luzón, «o rei, que ao comezo apoiara aos seus ministros,... posto na tesitura de elixir entre a afirmación do poder civil e a simpatía dos estratos intermedios do exército, inclinou a balanza a prol destes últimos, aos que cubriu de eloxios polo seu encomiable patriotismo». Caeu o goberno de García Prieto e formouse un conservador, baixo a presidencia de Dato, que se apresurou a claudicar mediante a aprobación do regulamento xunteiro».Moreno Luzón (2009), p. 446-447
Así pois, o ocorrido en 1905-1906 cos feitos do Cu-Cut! e a posterior aprobación da Lei de Xurisdicións volveu repetirse en 1917: os militares apelaron ao rei e este púxose de novo da súa parte; obrigou ao goberno a dimitir, substituíndoo por outro presidido polo conservador Eduardo Dato, o cal suspendeu as garantías constitucionais, censurou a prensa e aceptou o regulamento das "Xuntas de Defensa".Juliá (1999), p. 42 Ademais pechou as Cortes aos poucos días.Barrio (2004), p. 15