O Gran Premio de Austria de 1998 (oficialmente o XXII Großer Preis von Österreich) foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 26 de xullo de 1998. Foi a décima carreira da tempada de Fórmula Un de , o 22º Gran Premio de Austria o vixésimo que se celebrou en Österreichring. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de 4´326 quilómetros para unha distancia total de carreira de 307 quilómetros.

Unha sesión de cualificación en seco e mollado deu lugar a unha orde mixta, con Giancarlo Fisichella logrando primeira pole position da súa carreira. A carreira de 71 voltas gañouna Mika Häkkinen para McLaren, co seu compañeiro de equipo David Coulthard recuperándose para terminar segundo, participando en dúas colisións durante a carreira, Michael Schumacher terminou terceiro para Ferrari.

Informe

Clasificación

Foi unha grella infrecuente debido a unha clasificación que comezou sobre unha pista mollada que se secou cara ao final, con Fisichella logrando a súa primeira pole con Alesi xunto a el no Sauber.

Carreira Ao comezo Häkkinen conseguiu unha brillante fuga para liderar na primeira curva, pero detrás del houbo un grande accidente cando varios coches chocaron na primeira curva, co coche de Takagi terminando encallado, Olivier Panis no Prost nin sequera saíu da liña por un fallo no embrague.

Na segunda curva ocorreu outro accidente con ambos pilotos de Arrows chocando, desprazando a David Coulthard no proceso, golpeando a súa á despois de que o escocés cualificara nun discreto 14º posto.

Coulthard puxo un novo morro pero, por sorte, para el se despregou un coche de seguridade debido a limpeza de todos os restos das colisións e Coulthard conectou coa parte posterior do grupo.

No reinicio, Häkkinen volveu a liderar con Schumacher xusto detrás del, Schumacher intentou pasar a Häkkinen pero correronaá par, permitindo acercarse a Fisichella no Benetton e a Rubens Barrichello no Stewart.

Desafortunadamente para Barrichello, abandonou pouco despois con problemas de freos, mentres que Schumacher volveu pasar a Fisichella e de novo partiu tras Häkkinen.

A carreira de Schumacher xa estaba condicionada por unha estratexia de dúas paradas, e Häkkinen só ía farcer unha, pero o peor foi cando Schumacher se abriu rebotando violentamente nunha trampa de grava e arrancou a súa á dianteira. Foi capaz de volver aos boxes e motar unha á nova, pero cando se reincorporour, tiña case unha volta perdida. Case ao mesmo tempo, Frentzen no Williams tivo un fallo no motor que se incendiou, por sorte logrou saír sen problemas.

A hora dos afeccionados continuou cando Fisichella e Alesi chocaron e ambos se retiraron na segunda curva, que deixou a remontada de Coulthard pola pista moito máis fácil. Michael Schumacher tamén remontaba, pero tivo moitos problemas para pasar ao seu irmán Ralf no Jordan, volta tras volta o seu irmán negouse a ceder antes de que Michael o deixara clavado.

Michael Schumacher comezou a acercarse a Eddie Irvine, o seu compañeiro de equipo, pero Irvine desacelerou, despois dixo que debeuse a un fallo nos freos, pero moitas persoas na pista sospeitaban que se lle pediu que se deixara pasar polo seu líder de equipo.

Häkkinen logrou unha fácil vitoria, co seu compañeiro de equipo Coulthard nun excelente segundo dposto espois de ser o último no inicio; Michael Schumacher tomou o terceiro posto axudado polo seu compañeiro Eddie Irvine

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Volta diferenza 1 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:29.598 — 2 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:30.317 +0.719 3 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:30.517 +0.919 4 3 Michael Schumacher Ferrari 1:30.551 +0.953 5 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:31.005 +1.407 6 17 Mika Salo Arrows 1:31.028 +1.430 7 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:31.515 +1.917 8 4 Eddie Irvine Ferrari 1:31.651 +2.053 9 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 1:31.917 +2.319 10 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 1:32.081 +2.483 11 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:32.083 +2.485 12 19 Jos Verstappen Stewart-Ford 1:32.099 +2.501 13 16 Pedro Diniz Arrows 1:32.206 +2.608 14 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:32.399 +2.801 15 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:32.718 +3.120 16 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:32.906 +3.308 17 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:33.185 +3.587 18 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:33.205 +3.607 19 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:33.399 +3.801 20 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:34.090 +4.492 21 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 1:34.536 +4.938 22 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:34.910 +5.312

Esta foi a derradeira pole position de Benetton na Fórmula 1

Carreira

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 71 1:30:44.086 3 10 2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 71 +5.289 14 6 3 3 Michael Schumacher Ferrari 71 +39.092 4 4 4 4 Eddie Irvine Ferrari 71 +43.976 8 3 5 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 71 +50.654 9 2 6 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 71 +53.202 11 1 7 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 71 +1:13.624 15 8 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 70 +1 volta 18 9 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 70 +1 volta 17 10 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 70 +1 volta 16 11 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 70 +1 volta 21 12 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 69 +2 voltas 22 Ret 19 Jos Verstappen Stewart-Ford 51 Motor 12 Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 30 Trompo 19 Ret 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 21 Colisión 1 Ret 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 21 Colisión 2 Ret 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 16 Motor 7 Ret 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 8 Freos 5 Ret 16 Pedro Diniz Arrows 3 Colisión 13 Ret 17 Mika Salo Arrows 1 Colisión 6 Ret 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 0 Embrague 10 Ret 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 0 Colisión 20

Posicións logo da carreira Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen 66 2 Michael Schumacher 58 3 David Coulthard 36 4 Eddie Irvine 32 5 Alexander Wurz 17

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 102 2 Ferrari 90 3 Benetton-Playlife 32 4 Williams-Mecachrome 20 5 Stewart-Ford 5

Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Austria Categoría:Gran Premio de Austria de Fórmula 1