Gregory Errol Chamitoff, nado en Montreal, Canadá, en 1962, é un astronauta estadounidense que formou parte das misión STS-124, STS-134 e STS-126 e das expedicións 17 e 18 da Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 198,75 días no espazo.
Traxectoria Chamitoff naceu o 6 de agosto de 1962 en Montreal, Canadá. É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Politécnica do Estado de California en 1985, máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1992 e máster en xeoloxía planetaría pola Universidade de Houston-Clear Lake en 2002. Está casado con Chantal Caviness e ten dous fillos. Entre as súas afeccións están o mergullo, o sendeirismo, o voo, o esquí, o aikido, o ilusionismo, tocar a guitarra e o xadrez.
En 1995 comezou a traballar no Centro Espacial Johnson como controlador de guiado e control de voo, axudando a desenvolver software para o control de actitude en naves espaciais e predición, análise e optimización de manobras. Foi seleccionado pola NASA como candidato a astronauta en 1998, sendo xefe CAPCOM (Capsule Communicator) para a Expedición 9 e axudando no adestramento da Expedición 6. Participou tamén na misión NEEMO-3 da NASA, consistente en vivir e traballar nun módulo subacuático durante 9 días. En setembro de 2013 deixou a NASA para adicarse á docencia. .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Expedición 17 Expedición 18
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Montreal