Vincent Poirier, nado o 27 de outubro de 1993 en Clamart, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o Anadolu Efes SK turco. Cunha estatura de 2,13 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional O 14 de xuño de 2017, anunciouse a súa fichaxe por tres anos polo Baskonia da Liga ACB.
O 15 de xuño de 2019, Poirier asinou cos Boston Celtics.
O 19 de novembro de 2020, Poirier foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft. O 8 de decembro de 2020, foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Danny Green e Terrance Ferguson..
O 25 de marzo de 2021, Poirier foi traspasado ós New York Knicks nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Oklahoma City Thunder, pero foi cortado catro días máis tarde.
O 12 de abril de 2021, Poirier asinou por tres tempadas e media co Real Madrid da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do Paris-Levallois Basket Categoría:Xogadores do Hyères-Toulon Var Basket Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020