Tarsykiia Matskiv (), nada como Olha Matskiv (en ) o 23 de marzo de 1919 en Khodoriv e finada o 17 de xullo de 1944 en Krystynopil, foi unha monxa e mártir greco-católica ucraína. Traxectoria Entrou na Congregación das Servas de María Inmaculada o 3 de maio de 1938, facendo os primeiros votos o 5 de novembro de 1940. Xa antes da chegada do Exército Vermello fixera a promesa ante o seu director espiritual Volodymyr Kovalyk de dar a súa vida pola conversión de Rusia e pola Igrexa católica.

O 17 de xullo de 1944, arredor das oito da mañá, un soldado ruso chamou á porta do convento. Cando Matskiv atendeu a porta, recibiu disparos e finou. Posteriormente se soubo que dispararon contra ela simplemente "porque era unha monxa". Culto O papa Xoán Paulo II beatificouna o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.Os outros mártires da Igrexa católica ucraína beatificados canda ela foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Hryhorii Khomyshyn, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka, Symeon Lukach e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha. A súa festa individual celébrase o 18 de xullo, día no que o Martiroloxio Romano a lembra do seguinte xeito:

Notas

Véxase tamén Páxina oficial das Servas de María Inmaculada no Canadá, inclúe un apartado coas causas de canonización . Perfil en Santiebeati.it . Perfil en Catholic-Saints.info .

Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados no distrito de Stryi, rexión de Lviv Categoría:Finados en 1944 Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Servas de María Inmaculada Categoría:Mártires Categoría:Asasinados polo réxime soviético Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Personalidades da Igrexa católica bizantina ucraína