Raffaele Danise, M.I., nado o 23 de xullo de 1818 en Nápoles e finado o 8 de xaneiro de 1898, foi un relixioso católico latino napolitano, bispo de Caiazzo dende 1884 até o seu pasamento. Traxectoria En 1839 profesou como relixioso camiliano. Foi ordenado sacerdote o 25 de abril de 1841. O 9 de agosto de 1883 foi nomeado bispo de Cassano all'Ionio, recibindo a consagración episcopal o 15 de agosto de mans do cardeal Raffaele Monaco La Valletta, e tendo como co-consagrantes a Giulio Lenti e a Placido Maria Schiaffino. Porén, chegou a tomar posesión da sé ao non obter a aprobación das autoridades civís, e finalmente foi nomeado bispo Antonio Pistocchi.

O 24 de marzo de 1884 foi nomeado bispo de Caiazzo, cargo que exerceu até o seu pasamento o 8 de xaneiro de 1898.

Notas

Categoría:Nados en 1818 Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Relixiosos católicos de Italia Categoría:Camilianos Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX